Catro detidos e medio cento de identificados nunha redada nun coñecido 'after' de Pontevedra
Por Redacción
Apenas hai datos sobre a redada conxunta que realizaron este domingo axentes da Policía Local e Nacional nun coñecido 'after-hour' da avenida de Bos Aires.
O secretismo co que se desenvolveu é máximo e espérase que nas próximas horas se coñezan os detalles deste operativo policial, que pretendía, entre outras cuestións, dar un golpe ao 'trapicheo' e ao consumo de drogas en zonas de lecer da cidade.
Segundo puido saber PontevedraViva, durante esta redada -que tivo lugar sobre as oito e media da mañá deste domingo-, ambos os dous corpos policiais procederon á detención de catro persoas.
Ademais, os axentes chegaron a identificar medio centenar de persoas, entre clientes e traballadores do local.
En total, na operación, que se estendeu por outros puntos da cidade, incautáronse unhas 150 doses de diferentes substancias estupefacientes.
O operativo policial finalizou sobre as dez e media da mañá e sobre o local non se tomou ningún tipo de medida administrativa.
Relacionadas:
-
Ingresa en prisión por subministrar cocaína a porteiros de locais de copas para estraperlo
Por Redacción |
-
Quedan en liberdade os cinco detidos na última redada contra o estraperlo de drogas en locais de ocio
Por Redacción |
-
Tres porteiros de locais de copas, entre os cinco detidos na última redada antidroga
Por Redacción |