A Deputación aproba a licitación da urbanización da Avenida Luis Rocafort
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobou este martes, na súa xunta de goberno, a licitación do proxecto de urbanización da avenida Luis Rocafort, en Sanxenxo, cun orzamento de 1,1 millóns de euros.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, destacou que os traballos comenzarán a primeiros de marzo e que a previsión é ter o principal acceso a Sanxenxo completamente rematado no mes de agosto.
O proxecto inclúe a completa urbanización da avenida entre o Paseo de Silgar e a rúa Castelao, dado que o tramo entre esta última rúa e a glorieta da EP PO-308 será urbanizada no futuro se creará un paso soterrado na rotonda fronte á Estación de Autobuses que terá saida precisamente na rúa Castelao. A Deputación xa encargou un estudio xeotécnico para esta segunda actuación de construcción do túnel.
As obras teñen un presuposto de 1.102.289 euros. Incluirán a renovación total dos servizos municipais que na actualidade se atopan moi deteriorados. Inclúen tamén unha urbanización integral de 600 metros da rúa de entrada principal a Sanxenxo e á praia de Silgar con pavimentación e sinalización da calzada, a colocación de beirarrúas en todo o percorrido, a instalación dunha nova rede de alumeado público e a canalización separada de augas residuais e pluviais.
Ademais, instalarase mobiliario urbano e zonas axardinadas que na actualidade non existen e crearáse un itinerario peatonal accesible con aceras non inferiores a 1,80 metros.
Coas obras, a rúa terá un único carril por sentido de circulación de 3,25 metros de ancho e arcéns de 0,25. Os aparcamentos serán en liña ou oblicuos.
Relacionadas:
-
Dragados urbanizará a Avenida Luis Rocafort por un millón de euros
Por Redacción |
-
24 empresas presentan ofertas para a obra de urbanización da avenida de Luis Rocafort
Por Oskar Viéitez |
-
Licitan por 1,1 millóns de euros unha obra para desconxestionar o tráfico de entrada a Sanxenxo
Por Redacción |
-
A urbanización da avenida Luis Rocafort contará cun presuposto de 1,1 millóns de euros
Por Redacción |
-
Un paso soterrado en Luis Rocafort e un novo vial, propostas contra os atoamentos en Sanxenxo
Por Redacción |