Un paso soterrado en Luis Rocafort e un novo vial, propostas contra os atoamentos en Sanxenxo
Por Redacción
Aliviar os atoamentos que se producen, especialmente nos meses de verán, nos accesos a Sanxenxo. ÿ o obxectivo do proxecto no que traballa a Deputación de Pontevedra e que supoñerá un notable cambio no aspecto estético da avenida Luis Rocafort, así como da rotonda situada en fronte da estación de autobuses do municipio. Supoñerá un investimento de 1,3 millóns de euros.
A actuación principal será a creación dun paso subterráneo por debaixo da devandita rotonda, de forma que os vehículos que veñan procedentes de Vilalonga ou da Autovía do Salnés poidan acceder ao paseo marítimo de Silgar, a través da avenida Luis Rocafort, sen colapsar aínda máis a circulación na rotonda.
Ademais, este proxecto inclúe a humanización integral de Luis Rocafort, que segundo Louzán se encontra nun lamentable estado de conservación e "non é propio" para unha das entradas a un municipio tan turístico como Sanxenxo.
Actualmente, os técnicos da Deputación están a redactar un anteproxecto desta obra, que deberá ser consensuado coa Xunta de Galicia, que ten as competencias sobre o vial PO-308 no que está situada a rotonda, e co propio Concello de Sanxenxo.
Non será unha obra sinxela, recoñecen dende a institución, xa que esa zona presenta un "problema serio", debido á presenza dunha gran cantidade de servizos soterrados.
Para mellorar a fluidez do tráfico en toda esta zona, a Deputación propón tamén crear un novo vial, a partir dunha estrada de propiedade provincial e un camiño xa existente. Trataríase dunha especie de variante que, dende a propia saída da Autovía do Salnés conectaría coas inmediacións do Pazo Emilia Pardo Bazán e a zona sur do municipio. Iso permitiría, segundo Louzán, reducir o tráfico polo centro de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
24 empresas presentan ofertas para a obra de urbanización da avenida de Luis Rocafort
Por Oskar Viéitez |
-
Licitan por 1,1 millóns de euros unha obra para desconxestionar o tráfico de entrada a Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Deputación aproba a licitación da urbanización da Avenida Luis Rocafort
Por Redacción |
-
A urbanización da avenida Luis Rocafort contará cun presuposto de 1,1 millóns de euros
Por Redacción |
-
Licitan as obras da variante de Rebón (Moraña), na que se investirá máis dun millón de euros
Por Redacción |