Licitan por 1,1 millóns de euros unha obra para desconxestionar o tráfico de entrada a Sanxenxo
Por Redacción
A reforma integral da avenida Luis Rocafort de Sanxenxo está máis preto. A obra, que permitirá desconxestionar o tráfico do acceso principal á vila, saíu a licitación este luns coa publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria do concurso.
Os traballos teñen como fin dotar dunha mellor mobilidade a Sanxenxo coa urbanización integral da rúa de entrada principal ao núcleo de poboación e de acceso á praia de Silgar. O orzamento de licitación é de máis de 1,1 millóns de euros, que serán financiados integramente con fondos propios da Deputación de Pontevedra.
A obra inclúe a pavimentación e sinalización da calzada, a colocación de beirarrúas en todo o percorrido, a instalación dunha nova rede de alumeado público e a canalización separada de augas residuais e pluviais, así como a instalación na rúa de mobiliario urbano e zonas axardinadas que na actualidade non existen.
Estes traballos completaranse cunha segunda actuación consistente na creación dun paso soterrado á altura da rotonda situada fronte á estación de autobuses. Na actualidade, a Deputación encargou un estudio xeotécnico para determinar as condicións e características do solo en función das cales se axeitará a construcción do paso soterrado.
Relacionadas:
-
Louzán presenta a actuación da Avenida Luis Rocafort en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Dragados urbanizará a Avenida Luis Rocafort por un millón de euros
Por Redacción |
-
24 empresas presentan ofertas para a obra de urbanización da avenida de Luis Rocafort
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación aproba a licitación da urbanización da Avenida Luis Rocafort
Por Redacción |
-
A urbanización da avenida Luis Rocafort contará cun presuposto de 1,1 millóns de euros
Por Redacción |
-
Un paso soterrado en Luis Rocafort e un novo vial, propostas contra os atoamentos en Sanxenxo
Por Redacción |