24 empresas presentan ofertas para a obra de urbanización da avenida de Luis Rocafort
Por Oskar Viéitez
Un total de 24 empresas presentaron ofertas para a obra de urbanización da avenida Luis Rocafort, en Sanxenxo, que a Deputación de Pontevedra sacou a contratación por 1,1 millóns de euros. Este venres abríronse as plicas e as ofertas pasarán a ser informadas polos técnicos antes de ser adxudicadas.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, explicou en rolda de prensa que acordou con Ethel Vázquez, a conselleira de Medio Ambiente, Transportes e Infraestruturas, a sinatura dun convenio para actuar na rotonda situada frente á Estación de Autobuses na que converxen unha estrada provincial e outra autonómica.
Informou tamén que para construir o túnel ou paso soterrado na rotonda frente á Estación de Autobuses, a Deputación xa encargou un Estudio Xeotécnico para determinar as características do terreo. En función delas (da cohesión do solo, do seu ángulo rasante interno, etc.) veráse a capacidade do solo para soportar a carga da estrutura de formigón.
Louzán destacou que a actuación na avenida será a actuación urbanística máis importante no casco urbán de Sanxenxo pois "a Deputación e o Concello estamos dacordo en resaltar significativa e artisticamente esta entrada principal á praia de Silgar. Por eso, realizaremos algo diferente da típica urbanización normal". Actuaráse sobre todo o dominio público ata os 24 metros de ancho e, en puntos concretos, negociaráse cos veciños.
Coas obras, a rúa terá un único carril por sentido de circulación de 3,25 metros de ancho e arcéns de 0,25. Os aparcamentos serán en liña ou oblicuos.
Relacionadas:
-
Dragados urbanizará a Avenida Luis Rocafort por un millón de euros
Por Redacción |
-
Licitan por 1,1 millóns de euros unha obra para desconxestionar o tráfico de entrada a Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Deputación aproba a licitación da urbanización da Avenida Luis Rocafort
Por Redacción |
-
Un paso soterrado en Luis Rocafort e un novo vial, propostas contra os atoamentos en Sanxenxo
Por Redacción |