A urbanización da avenida Luis Rocafort contarán cun presuposto de 1,1 millóns de euros
Por Redacción
As obras de urbanización da avenida Luis Rocafort de Sanxenxo contarán cun presuposto de 1,1 millón de euros. Así se recolle no convenio aprobado pola Xunta de Goberno e que asinarán a Deputación e o Concello de Sanxenxo.
As obras financiaraas integramente a Deputación, se ben, tal e como recordou o presidente da institución provincial, 495.000 euros que proceden do Plan provincial de investimentos "que lle corresponderían ao Concello de Sanxenxo para actuacións no seu municipio e que decide incorporar esta actuación". A cantidade restante procede de fondos propios da Administración Provincial.
A achega do Concello obedece a que as obras significarán tamén a renovación total dos servizos municipais que na actualidade se encontran moi deteriorados.
Os traballos consistirán na urbanización integral de 600 metros da rúa de entrada principal á devandita localidade e á praia de Silgar. Ademais, incluirán a pavimentación e a sinalización da calzada, a colocación de beirarrúas en todo o percorrido, a instalación dunha nova rede de iluminación pública e a canalización separada de augas residuais e pluviais.
Ademais, instalarase mobiliario urbano e crearanse zonas axardinadas que na actualidade non existen.
PASO SUBTERRÁNEO
Estes traballos completaranse, tal e como sinalou Rafael Louzán, cunha segunda actuación que consistirá na creación dun paso subterráneo á altura da rotonda situada fronte á estación de autobuses.
O titular da Deputación anunciou que nestes momentos se está a realizar o estudo xeotécnico necesario, para que de forma inmediata se poida redactar o proxecto e aprobalo nas próximas semanas.
Estes traballos financiaranse integramente con fondos propios da Deputación, previstos nos presupostos de 2015, e permitirán desconxestionar o tráfico de entrada a esta localidade.
Nesta liña, Louzán recoñeceu que "non será a solución definitiva, porque iso requiriría o derrubamento de varias vivendas, pero si significará unha actuación que vai permitir darlle a Sanxenxo unha mobilidade importante que agora non ten".
Relacionadas:
-
Licitan por 1,1 millóns de euros unha obra para desconxestionar o tráfico de entrada a Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Deputación aproba a licitación da urbanización da Avenida Luis Rocafort
Por Redacción |
-
Un paso soterrado en Luis Rocafort e un novo vial, propostas contra os atoamentos en Sanxenxo
Por Redacción |
-
O concello aposta pola remodelación integral de Luís Rocafort que precisará 1,1 millóns de euros
Por Redacción |