A Policía Local de Poio multa a varios condutores por xirar o pescozo "máis de 45 graos" mentres conducían
Por Redacción
O celo na aplicación do código de circulación por parte dos axentes da Policía Local de Poio estase a converter en noticia a nivel nacional.
O alcalde da localidade, Luciano Sobral, confesa ser o primeiro sorprendido polo número de denuncias (oito) e polo motivo da sanción "a perda de atención na condución ao desprazar a visión máis de 45 graos sobre o eixe da calzada".
Estes condutores foron "cazados" xirando o pescozo na estrada PO-308, á altura de Encoirados, o que supuxo unha multa de 100 euros, que se reduce á metade se se acode ao pronto pagamento.
Estrañado polo motivo da infracción, Luciano Sobral confirmou cos servizos xurídicos municipais que as denuncias son correctas, e aínda que considera que estas multas non son normais, rexeita que exista un interese recadatorio detrás destas denuncias como critica o voceiro municipal do PP, Ángel Moldes.
As multas foron postas polo mesmo axente durante a pasada Semana Santa a raíz de que a Policía Local instalase un radar na estrada PO-308. A presenza deste vehículo co radar foi o que chamou a atención dos condutores que xiraron a cabeza neste punto da estrada. Aínda que a velocidade á que conducían era correcta, algún mesmo circulaba en caravana, un axente accionou voluntariamente o disparo de radar para fotografar os condutores xirando a cabeza.
Relacionadas:
-
Os policías de Poio que multaban por xirar o pescozo, de novo en entredito: "me sobaron la teta derecha"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Recorrerán os policías locais de Poio a decisión do Concello de anular as multas por xirar o pescozo?
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Poio anulará as multas impostas a condutores por xirar a cabeza máis de 45 graos
Por Redacción |
-
Poio non retirará finalmente as multas impostas por xirar o pescozo máis de 45 graos
Por Redacción |
-
A polémica polas multas "por xirar o pescozo" en Poio resolverase "en 15 días"
Por Natalia Puga |
-
Os policías de Poio descartan exceso de celo nas súas multas por virar a cabeza 45 grados
Por Oskar Viéitez |
-
A investigación das multas en Poio terá que esperar a que dean a alta aos axentes sancionadores
Por Oskar Viéitez |
-
O PP acusa o Goberno local de Poio de ser "cómplice" da Policía Local
Por Redacción |
-
Un condutor intenta degolar un garda civil nun control de tráfico en Poio
Por Oskar Viéitez |