Os policías de Poio que multaban por xirar o pescozo, de novo en entredito: "me sobaron la teta derecha"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
A veciña de Poio María Isabel S.D. acudiu este martes ao Xulgado de Garda de Pontevedra disposta a contar o incidente que supostamente viviu o venres día 29 de maio e polo que leva "muy nerviosa" os últimos catro días. Non puido. Citárana para un xuízo rápido acusada dun delito de desobediencia por negarse a realizar a proba de alcoholemia ante unha patrulla da Policía Local, pero os axentes que a denunciaron non se presentaron, de modo que a vista tivo que suspenderse.
Malia todo, ela respondeu ás preguntas de PontevedraViva sobre o sucedido e denunciou que, tras detela polo incidente de tráfico, os policías se comportaron con ela con "abuso de poder" e chegaron a ter actitudes reprochables como que un "me sobó la teta derecha". Como dato a destacar do sucedido, insiste en que os policías que a denunciaron e aos que reprocha o seu comportamento son os mesmos que o ano pasado estiveron en interdito por multar varios condutores por xirar a cabeza máis de 45 graos.
María Isabel S.D. relata que na tarde do venres estivo varias horas acompañada por axentes da Garda Civil de Pontevedra e da Policía Local de Poio porque tiña un problema coa súa caseira na vivenda de Campelo na que reside. Poucos minutos despois de estar con eles, cando se ía de casa e estaba a uns 100 metros de distancia, cruzouse cunha patrulla municipal e quixeron sometela a unha proba de alcholemia. Ela admite que non quixo facer a proba e se negou enerxicamente, pero xustifica a súa decisión argumentando que "no tenía sentido" que lla fixesen.
"Me redujeron en el suelo y me dijeron: ahora vas a chupar el suelo"
"Estuve toda la tarde con ellos y me dicen que había bebido. ¿Cuándo bebí?", pregúntase. Recoñece que levaba bebidas alcohólicas no coche, pero matiza que se trataba de "dos cervezas que llevaba para el fin de semana por si venía mi hijo". Ela asegura que non bebera nada e insiste en que iso se nota e non presentaba síntomas de intoxicación etílica. Engade que non pode beber por prescrición médica, pois ten un historial pasado de adiccións agora superado.
Unha vez que se negou a realizar a proba de alcoholemia, os axentes detivérona por un delito de desobediencia, metérona no coche oficial e trasladárona ás dependencias da Policía Local nos baixos do Concello de Poio. Ese é o momento no que asegura que realizaron un "abuso de poder" que non está disposta a deixar pasar por alto, pois "me llevaron en volandas", fixéronlle xestos de burla e "me redujeron en el suelo y me dijeron: ahora vas a chupar el suelo", entre outras actitudes.
María Isabel, que ten 54 anos, quéixase, entre outras cuestións, do abuso de superioridade, pois "podría ser su madre". Confesa que "me rebelé un poco, la verdad" e, para intentar librarse da forza dos axentes, a un "le di una patada en los huevos" Pero cre que a súa reacción non xustifica a que tiveron eles, pois lle puxeron os grifóns con tanta forza que lle deixaron marcas e moratones que é visible cinco días despois. Ademais, xeráronlle un pequeno hematoma na zona da cella esquerda.
Os propios policías trasladárona ao centro médico para que fose sometida a un exame e posteriormente trasladárona á Comandancia da Garda Civil. Cando estaba alí, e xa en presenza do seu avogado, denunciou as lesións que sufrira no rostro e os pulsos e os supostos tocamentos e abuso de superioridade que agora relata. Os gardas, dos que asegura que tiveron un trato "impecable" en contraposición co recibido polos policías locais, tamén o levaron a un médico forense para que emitise un informe e derivaron ao xulgado as dilixencias abertas.
Relacionadas:
-
Unha muller detida por desobediencia denuncia que policías locais de Poio a agrediron
Por Redacción |
-
O Concello de Poio anulará as multas impostas a condutores por xirar a cabeza máis de 45 graos
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio multa a varios condutores por xirar o pescozo "máis de 45 graos" mentres conducían
Por Redacción |