Recorrerán os policías locais de Poio a decisión do Concello de anular as multas por xirar o pescozo?
Por Oskar Viéitez
A xunta de goberno do Concello de Poio aprobou este luns a retirada das multas impostas pola Policía Local a unha decena de condutores por xirar o pescozo máis de 45 graos no quilómetro 1,5, á altura de Porteliña, da estrada PO-308.
As multas puxéronse o día 18 do pasado mes de abril nun intervalo de media hora aos condutores que se xiraban para mirar a un coche con radar da DGT estacionado na beiravía. Os axentes entenderon que ese xiro constituía unha distracción na condución.
Este martes terá lugar unha reunión coa empresa que tramita as sancións para que devolva o diñeiro a aqueles condutores que xa teñen abonado a multa, unha vez que o goberno local anulou o procedemento.
As multas ascendían a 100 euros, co seu correspondente coeficiente redutor do 50% en caso de ser aboadas antes de 15 días.
A decisión de anular as sancións aprobada este luns pola xunta de goberno era unha proposta do edil de Seguridade Cidadá, Xosé Luis Martínez que considerou que os axentes actuaron con "exceso de celo na realización dos seus labores de vixilancia e control de tráfico".
Os dous policías que asinaron as denuncias poderán agora recorrer a decisión do Concello, algo que o concelleiro Xosé Luis Martínez avanzou que teñen intención de facer.
Relacionadas:
-
O PP de Poio acusa o Concello de "non ter feito nada" para anular as multas por xirar o pescozo
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio multa un axente da Nacional durante unha operación contra o crime organizado
Por Oskar Viéitez & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
O Concello de Poio anulará as multas impostas a condutores por xirar a cabeza máis de 45 graos
Por Redacción |
-
A polémica polas multas "por xirar o pescozo" en Poio resolverase "en 15 días"
Por Natalia Puga |
-
A investigación das multas en Poio terá que esperar a que dean a alta aos axentes sancionadores
Por Oskar Viéitez |
-
O PP acusa o Goberno local de Poio de ser "cómplice" da Policía Local
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio multa a varios condutores por xirar o pescozo "máis de 45 graos" mentres conducían
Por Redacción |