Cara a cara #438: Emilio del Río e 'La pequeña historia de la mitología clásica'
Lun | 17:00 | 17:22
Emilio del Río é doutor en Filoloxía Clásica e profesor na Universidade Complutense. Leva publicados catro libros divulgativos sobre cultura clásica. Sobre esa cultura versa a sección que leva no programa de RNE 'No es un día calquiera' e tamén fai un podcast para a radio pública titulado 'Locos por los clásicos'. Conversamos con motivo da promoción de 'Pequeña historia de la mitología clásica' no que comparte os seus textos coas ilustracións do vigués Julio Carabias, Jvlivs. Este último xa plasmou o seu quefacer gráfico noutros títulos da colección Pequeña historia de... dirixidos a un público lector de calquera idade, desde infantil ata o máis adulto; ao que pertence o libro que nos ocupa.
(Música de Geoffharvey, Mikhail y Musictown)