Cara a cara #41: Alberto Agrelo

Cara a cara #41: Alberto Agrelo

Mér | 21:00 | 21:25

Alberto Agrelo Vidal ve en primeira persoa o maior éxodo desde a segunda guerra mundial. Este grovense, bombeiro de profesión, non puido quedar de brazos cruzados cando vía por televisión esta tesitura. Así que se sumou a PROEMAID. É unha asociación sen ánimo de lucro que xurdiu en 2015 a instancias de tres bombeiros sevillanos. A día de hoxe forman parte profesionais de emerxencia co obxectivo de salvar vidas no mar.

Con todo, o pasado agosto tiveron que replegarse e volver aos seus lugares de orixe por falta de financiamento. Por iso Alberto Agrelo fai en PontevedraViva Radio unha chamada á cidadanía. Quen desexe colaborar poden atopar información na web da asociación: www.proemaid.org

Quen ao escoitar o que relata Alberto Agrelo non senta que algo que se lle racha por dentro, debería facelo mirar.

Cara a cara

Mércores ás 21.00 horas

Un ti a ti. Para coñecer un quen, un que, un cando, un como ou un porqué

RADIO.- "As mafias fan ofertas de nenos gratis para encher os dinguis cando hai temporal no mar"

Por |

"En 2016 morreron afogadas 5.000 persoas. O noso desexo para 2017 é evitar máis mortes no mar". Estas dúas frases encabezan o dossier de PROEMAID; a asociación española integrada por profesionais de emerxencia que se ocupan do rescate e salvamento de persoas na mar. Entre eles está Alberto Agrelo, grovense e bombeiro de profesión que o vindeiro febreiro regresará á Illa de Lesbos, en Grecia. Esta semana protagoniza o Cara a Cara de PontevedraViva Radio.

Cara a cara #40: Beatriz Ramírez

Mér | 21:00 | 21:21

Beatriz Ramírez Canosa é un exemplo dos mozos actuais. Preparados academicamente tiveron que buscar un futuro fóra. Fálanos da súa experiencia en Estados Unidos.

Descargar
Cara a cara #40: Beatriz Ramírez

Cara a cara #36: Galicia Magic Fest

Mér | 21:00 | 21:24

O I Festival Internacional Galicia Magic Fest chega este decembro con vocación de quedar. Seis ilusionistas compartirán escenario na Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra.

Descargar
Cara a cara #36: Galicia Magic Fest

Cara a cara #11: Miguel Anxo Fernández Lores

Lun | 22:00 | 22:46

O alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández, fai balance deste primer ano de mandato; ou o que é o mesmo, deste décimo sétimo exercicio presidindo o concello pontevedrés.

Descargar
Cara a cara #11: Miguel Anxo Fernández Lores

Cara a cara #5: Gonzalo Sotelo

Mér | 21:00 | 21:34

Gonzalo Sotelo é un dos compoñentes do Equipo de Investigación de Delitos de Telemáticos da Garda Civil, na Comandancia de Pontevedra

Descargar
Cara a cara #5: Gonzalo Sotelo
Fechar