Cara a cara #31: José Luis Rodríguez
Mér | 21:00 | 21:30
O traxe tradicional está considerado Patrimonio Cultural Inmaterial. Un patrimonio que no caso de Galicia, ten unha recuperación máis dificultosa que noutros puntos da xeografía por varias circunstancias. Con ese hándicap, aquí en Pontevedra, desde a Asociación do Traxe Tradicional e desde Os de Algures traballan para devolver ao século XXI esas pezas da forma máis fidedigna. No ámbito divulgativo, o público puido comprobalo na exposición celebrada en 2015 no Museo Provincial e as representacións de Perfecto Feijóo na memoria da Boa Vila, e 'Carlos Sobrino na Memoria da Boa Vila' ofrecidas no Teatro Principal. O próximo decembro chegará a terceira proposta mostrando ese patrimonio a través do legado pictórico de Castelao.