Cara a cara #358: Elvira Mínguez, escritora e actriz
Mér | 17:00 | 17:21
Elvira Mínguez é coñecida na pantalla desde hai máis de dúas décadas. Comezou no teatro e logo no cinema. Nesta ocasión falamos coa Elvira Mínguez escritora, porque desde este pasado febreiro ten publicada a súa primeira novela: 'La sombra de la tierra'. Lévanos a un pequeno municipio zamorano de finais do século XIX, Villaveza del Agua. Alí dúas mulleres, Atilana e Garibalda, libran unha guerra de poder e vinganza desatada coa morte do marido da primeira.