Real Madrid e Unicaja, vencedores dos campionatos de España de baloncesto infantil
Por Redacción
Despois dunha semana de esforzo e emoción, os Campionatos de España de Baloncesto en categoría infantil celebrados en Marín e Pontevedra baixaron o pano este sábado coa disputa das grandes finais en ambas as duas categorías.
Na masculina o gran dominador e ao cabo vencedor do torneo foi o Real Madrid, que no partido polo título mostrouse superior ao Fútbol Club Barcelona no pavillón marinense da Raña (79-49).
O cadro catalán mantivo o tipo nos dous primeiros cuartos, chegando ao descanso cunha mínima desvantaxe (28-27), pero no terceiro parcial viñeron abaixo e o conxunto madrileño aproveitou para sentenciar cun contundente parcial de 34-8 da man dun espectacular Eli John Ndiaye, MVP da final con 24 puntos, 15 rebotes e 30 de valoración.
En canto á medalla de bronce, foi finalmente para o Iberostar Canarias ao superar no partido polo terceiro e cuarto posto o Santa Cruz (73-54).
Moi preto, en Pontevedra, a gran final feminina non se decidiu ata os últimos segundos en favor do Unicaja de Málaga, tras un emocionante duelo ante o Sant Adriá (65-60).
As malagueñas dominaron desde o segundo parcial, pero o seu rival non se rendeu e contou con opcións de remontada ata os instantes definitivos. Empataron e mesmo se puxeron por diante cando non quedaba case tempo, pero un par de accións do Unicaja, incluído un triplo outorgáronlle o título.
O bronce feminino foi á súa vez para o Barça CBS, que superou o Benimaclet (68-64).
Relacionadas:
-
Pontevedra será sede en xuño do Campionato de España Infantil Feminino de baloncesto
Por Diego Espiño |
-
Sorteado o Campionato de España Infantil Feminino de baloncesto que se celebrará en Marín
Por Redacción & Nacho Fuentes |
-
O Nacional Infantil de Baloncesto é 'La Bomba'
Por Redacción |
-
Os Nacionais de baloncesto infantil entran na súa fase decisiva
Por Redacción |
-
Marín e Pontevedra contáxianse de baloncesto co inicio dos campionatos de España infantil
Por Redacción & Diego Torrado |