Os Nacionais de baloncesto infantil entran na súa fase decisiva
Por Redacción
A emoción non decae en Marín e Pontevedra nos Campionatos de España de baloncesto infantil, que este mércores entra na súa fase decisiva co comezo das eliminatorias polo título.
O camiño cara á final do sábado comeza cos cruces de oitavos de final, que na competición masculina que se celebra nos pavillóns marinenses do Sequelo, A Raña e San Narciso non contará con ningún representante galego.
Os grandes favoritos avanzaron sen problemas, deparando un cruzamento estrela entre Real Madrid e Valencia. Ademais a primeira eliminatoria enfronta a Unicaja e Colegio Leonés, UCAM Murcia-Valencia Genovés, Santa Cruz-Stadium Casablanca, Canarias-Betis, Granada-Maristas, Joventut-Tormes e FC Barcelona-Plages Mataró.
En canto á competición feminina, que se disputa nas pistas pontevedresas do CGTD, Príncipe Felipe e Pavillón Universitario, si se meteu en oitavos de final un equipo galego, o Bosco Salesianos, que se enfrontará ao Estudiantes.
Ademais seguen en competición: Benimaclet-San Blas Alicante, Canterbury-UCAM Murcia, Sant Adriá-Luther King, FC Barcelona-Ordizia, Basket Alameda-Jesuitas León, Ponce Valladolid-Gran Canaria e Unicaja-CD Ginés.
Relacionadas:
-
Real Madrid e Unicaja, vencedores dos campionatos de España de baloncesto infantil
Por Redacción |
-
O Nacional Infantil de Baloncesto é 'La Bomba'
Por Redacción |
-
Marín e Pontevedra contáxianse de baloncesto co inicio dos campionatos de España infantil
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Unha semana de baloncesto polos catro custados en Marín
Por Redacción |
-
O Campionato de España Infantil Feminino de Baloncesto, en números
Por Diego Espiño |