O ascenso escápaselle ao equipo feminino do Tenis de Mesa Monte Porreiro
Por Redacción & Diego Torrado
Chegaba á cita con ilusión máxima e como un premio á súa traxectoria, pero non puido lograr o ascenso á máxima categoría.
O equipo feminino do Tenis de Mesa Monte Porreiro participou durante a fin de semana, por primeira vez na súa historia, na fase de ascenso á Superdivisión nunha competición que organizou no pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe.
Debía superar o equipo pontevedrés dúas eliminatorias, pero non puido pasar da primeira ao caer ante o Leganés-Rivas nun apertado duelo (3-4) e no que ofreceron unha gran imaxe.
O conxunto madrileño tomou vantaxe ao levar os dous primeiros puntos en xogo, pero o Monte Porreiro conseguiu igualar coas vitorias de Elísabet Cadilla sobre Raquel Pérez e de Naomi Iwasa sobre Mireira Cifuentes. Despois o Leganés tomou de novo vantaxe para que Noelia Santiago forzase o desempate.
Con todo no dobres definitivo a propia Noelia xunto a Naomi Iwasa víronse superadas polos seus rivais por un claro 0-3 que certificaba o pase das madrileñas.
Xa na eliminatoria definitiva polo ascenso, foi o Cidade de Narón o que tocou a gloria ao vencer ao Leganés (4-2). Antes as galegas perderan ante o Assa Alicante, que logrou a segunda das prazas en xogo para subir á máxima categoría.
Agora o Tenis de Mesa Monte Porreiro céntrase xa na segunda das fases de ascenso á Superdivisión que organizará, neste caso a masculina, prevista para os días 7 e 8 de maio.
Relacionadas:
-
O Cambados únese á festa e tamén logra o ascenso á Superdivisión Masculina de tenis de mesa
Por Redacción |
-
Histórico ascenso do Monte Porreiro á Superdivisión Masculina de tenis de mesa
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Primeiro asalto polo ascenso para o TM Monte Porreiro co seu equipo feminino
Por Redacción |
-
O Campionato de España de Tenis de Mesa de Veteranos, no Pavillón Municipal
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro xogará na casa polo ascenso á máxima categoría
Por Diego Espiño |