Primeiro asalto polo ascenso para o TM Monte Porreiro co seu equipo feminino
Por Redacción
O pavillón da cidade infantil de Príncipe Felipe será escenario o sábado 21 e o domingo 22 de abril da primeira das dúas fases de ascenso que acollerá á Superdivisión de Tenis de Mesa.
As mozas saen primeiro a escena, cun Tenis de Mesa Pontevedra que pelexará por primeira vez na súa historia por subir á máxima categoría.
O seu non será un camiño sinxelo, máis complicado de feito que os seus compañeiros do equipo masculino, xa que co seu cuarto posto na competición regular da División de Honra deberán afrontar varias eliminatorias.
As pontevedresas accederon á fase final coa última das prazas dispoñibles, polo que se enfrontarán ao segundo clasificado do grupo 2, o Leganés-Rivas, na súa primeira eliminatoria, o sábado ás 17:00 horas. No caso de superala o rival polo ascenso será o vencedor do Cidade de Narón-Alicante, o domingo ás 11:00 horas.
Unha oportunidade única para a que o club pontevedrés solicita o apoio dos afeccionados ao deporte, posto que a entrada ao pavillón de Príncipe Felipe será de balde.
En canto ao equipo masculino do Tenis de Mesa Monteporreiro pelexará por ascender á máxima categoría os días 7 e 8 de maio, tamén en Pontevedra, aínda que no seu caso cunha dobre oportunidade ao ter quedado campión do seu grupo.
Relacionadas:
-
O ascenso escápaselle ao equipo feminino do Tenis de Mesa Monte Porreiro
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Campionato de España de Tenis de Mesa de Veteranos, no Pavillón Municipal
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro xogará na casa polo ascenso á máxima categoría
Por Diego Espiño |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro, no seu mellor momento
Por Redacción |