Támara Echegoyen e o Mapfre, listos para a etapa raíña da Volvo Ocean Race
Por Redacción
Superado o ecuador da competición, a Volvo Ocean Race comeza o camiño de regreso coa considerada como etapa raíña da presente edición.
Durante a madrugada do domingo 18 de marzo (hora española) dará comezo a sétima etapa, con valor dobre e 7.600 millas náuticas de percorrido entre Auckland (Nova Zelandia) e a localidade brasileira de Itajaí.
O Mapfre defende o seu posto de privilexio no liderado da competición, na que conta con 5 puntos de vantaxe sobre o Dongfeng, nunha etapa que promete condicións extremas e un paso polo mítico Cabo de Fornos.
Será a primeira vez que a pontevedresa Támara Echegoyen pase por un dos puntos máis esperados por todo regatista oceánico.
"Dobrar Cabo de Fornos é unha oportunidade para min porque é algo co que todos os regatistas soñamos con poder facer algunha vez. Para min é unha satisfacción ser a primeira galega que logra ese mérito en competición e é un orgullo facelo con este equipo", afirma a campioa olímpica.
A embarcación do Real Club Náutico de Sanxenxo, do mesmo xeito que os outros sesis equipos en liza, terán que lidar con condicións de vento extremo, sensación térmica por baixo dos 0° e auga xélida varrendo a cuberta, todo un desafío no que todo pode pasar.
O Mapfre parte co obxectivo de pelar pola súa terceira vitoria de etapa en presente edición da Volvo Ocean Race, nunha etapa que segundo as previsións prolongarase durante 18 ou 19 días de navegación.
Relacionadas:
-
Ao Mapfre séguenlle saíndo as contas para pelexar pola vitoria na Volvo Ocean Race
Por Redacción |
-
Cada punto conta para o Mapfre
Por Redacción |
-
O Mapfre, ante o máis difícil aínda ao navegar con danos en metade da etapa raíña
Por Redacción |
-
O Mapfre colócase primeiro na etapa raíña da Volvo Ocean Race
Por Redacción |
-
O Mapfre, máis líder da Volvo Ocean Race tras o apertado final da sexta etapa
Por Redacción |
-
O Mapfre gaña posicións e xa é segundo excedido o ecuador da sexta etapa da Volvo Ocean Race
Por Redacción |