O Mapfre gaña posicións e xa é segundo excedido o ecuador da sexta etapa da Volvo Ocean Race
Por Redacción
Loita sen cuartel na sexta etapa da Volvo Ocean Race, na que o Mapfre aspira a consilidar o seu liderato na clasificación xeral superado o ecuador da competición.
Unha vez cuberto tamén máis da metade do percorrido entre Hong Kong e Auckland e tras nove días de navegación, a embarcación do Real Club Náutico de Sanxenxo deu un golpe de efecto ascendendo á segunda posición provisional e recortando a 23,8 millas a súa distancia co primeiro clasificado provisional da etapa, o Team AkzoNobel.
Así o estableceu o último parte oficial de posicións feito público ás 14:00 horas deste xoves, onde se puido comprobar que o desafío español da Volta ao Mundo a Vela navegou 424 millas nas últimas 24 horas, polas 401,5 do líder.
"As sensacións son boas", recoñece a bordo o patrón do Mapfre, Xabi Fernández, aínda que a igualdade é máxima posto que tras eles aparecen o Team Brunel a 25,5 millas do primeiro e o Dongfeng, ata agora máximo rival dos españois na xeral, a 27,6 millas.
Máis atrasados marchan o Team Sun Hung Kai Scallywag a 47,4 millas e o Turn The Tide on Plastic a 51 millas.
A frota da Volvo Ocean Race entrou nunha zona de actividade de nubes previa a chegar ás Illas Salomón, unha zona na que se prevé unha baixada de vento e inestabilidade que complicará a navegación.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen e o Mapfre, listos para a etapa raíña da Volvo Ocean Race
Por Redacción |
-
O Mapfre, máis líder da Volvo Ocean Race tras o apertado final da sexta etapa
Por Redacción |
-
O Mapfre inicia a sexta etapa da Volvo Ocean Race pensando en conservar o liderado
Por Redacción |
-
Honras de líder para o Mapfre á súa chegada a China
Por Redacción |
-
O Mapfre gaña unha posición na súa chegada a Hong Kong e mantense líder da Volvo Ocean Race
Por Redacción |