O sexto posto de Sergio Vega, notable debut do Super Froiz na Copa España
Por Redacción
O Circuíto Guadiana de Don Benito (Badaxoz) acolleu este domingo a primeira proba da tempada da Copa de España elite e sub-23, onde o Supermercados Froiz debutou cun notable resultado: o sexto posto de Sergio Vega.
O corredor do conxunto pontevedrés chegou a tan só tres segundos do vencedor, o ruso Savva Novikov do equipo Lokosphinx, tras un final no que ata doce ciclistas disputáronse a vitoria.
A escapada que se xogou a vitoria formouse tras o último paso por Magacela, a única dificultade de montaña nunha etapa chaira e moi rápida.
Pouco antes da meta, Novikov e Urko Berrade ( Lizarte) tomaron uns metros de vantaxe e disputáronse a vitoria, con triunfo para o corredor ruso.
O resto do pelotón chegou a 1 minuto. O gran traballo do equipo serviu para que o Froiz puidese situarse na quinta praza da clasificación por equipos.
Relacionadas:
-
Terceira oportunidade para o Froiz na Copa de España
Por Redacción |
-
Dobre cita para o Supermercados Froiz no País Vasco e Portugal
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz buscará o podio na Copa de España
Por Noelia Torres Pintos & Mónica Patxot |
-
Presentación ao grande para celebrar os 30 anos do Supermercados Froiz
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |