Dobre cita para o Supermercados Froiz no País Vasco e Portugal
Por Redacción
Sen apenas tempo para analizar o seu debut na Copa de España Elite e Sub-23 de ciclismo, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz prepárase para a segunda cita puntuable da competición, a Clásica de Aiztondo.
A proba vasca disputarase o vindeiro domingo 4 de marzo e nela o equipo dirixido por Evaristo Portela tentará dar continuidade ao seu bo debut en Don Benito, onde Sergio Vega finalizou sexto.
Trátase dunha carreira montañosa, que se adapta mellor sobre o papel ás características do Froiz, con 144 quilómetros de percorrido no que o pelotón deberá superar un porto de 2ª categoría, o Alto de Alkiza, e ata seis pasos polo Alto de Aduna (3ª categoría), con saída ás 10:00 horas desde a localidade de Alkiza e chegada en Larraul.
O equipo alimenticio estará composto no País Vasco polo propio Sergio Vega xunto a Diego Noriega, Diego González, Ánder del Castaño, Aitor Bugarín, Aarón Mariño e Joan Ruiz.
Será unha fin de semana de intensa actividade para o Supermercados Froiz, xa que participará tamén na XXII Clásica de Primavera en Portugal, na que compartirá pelotón con equipos profesionais. Será nunha carreira de 146 quilómetros con saída e chegada en Póvoa do Varzim.
Ao país luso acudirán: Martín Lestido, Óscar Brea, Miguel Montero, Guillermo García, Abel Franco, José Carlos Amil, Jesús Rodríguez e Daniel Rodríguez.
Relacionadas:
-
O Supermercados Froiz acada o décimo posto na Clásica de Aitzondo
Por Noelia Torres Pintos |
-
O sexto posto de Sergio Vega, notable debut do Super Froiz na Copa España
Por Redacción |
-
Presentación ao grande para celebrar os 30 anos do Supermercados Froiz
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Bota a rodar o "equipo máis xove da historia do Froiz"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |