Víctor Mongil, primeira baixa no Pontevedra
Por Ramiro Espiño
Comeza a moverse o mercado invernal no que respecta ao Pontevedra, aínda que o primeiro movemento foi en sentido contrario ao esperado por moitos afeccionados ao comunicar o club granate na tarde deste xoves chegar a un acordo co defensa central Víctor Mongil, para rescindir o contrato que ligaba a ambos.
Mongil, que chegaba esta tempada procedente do Mérida, non contou case nunca coa confianza de Luisito, que lle incluia con frecuencia nas convocatorias, pero apenas contou con el para o equipo titular. Con 24 anos, formouse no Real Valladolid antes de xogar no sue filial e pasar despois polo segundo equipo do Atlético de Madrid. Tamén defendeu unha tempada as cores do Alcoyano antes de recalar no Mérida.
Nun conciso comunicado, o Pontevedra agradece a Mongil os servizos prestados, sen precisar máis información, aínda que a súa baixa era case esperada desde leste mesmo martes, cando o xogador xa non participou na sesión de adestramento ás ordes de Luismi, sen que ninguén dese explicación de tal ausencia.
A baixa do defensa central, unida á "desaparición" de Miguel Ángel, que segue sen reincorporarse á disciplina granate, deixa á defensa como a liña que necesita reforzos con máis urxencia, pero tamén cunha ficha dispoñible para optar á contratación dun futbolista de máis de 23 anos, o que facilita o labor da dirección deportiva para lograr apontoar o equipo.
Relacionadas:
-
O Pontevedra busca no mercado invernal un central, un extremo e "veremos si un delantero"
Por Diego Espiño |
-
Nacho López, o lateral dereito que buscaba o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Viaxe vista e non vista a Burgos para a cita copeira
Por Diego Espiño |
-
Un Pontevedra de dúas caras sofre ao comezo e merece máis despois ante o Celta B (1-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Para empezar o ano, derbi provincial ante o Celta B
Por Diego Espiño |
-
Luismi aposta pola posesión e por un Pontevedra que "sexa dominador dos partidos"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra aposta por Luismi, que sentará no banco ante o Celta B
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Luismi asume o mando no Pontevedra á espera do novo adestrador
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O central Víctor Mongil e o porteiro Anxo Pérez, novos xogadores do Pontevedra
Por Diego Espiño |