Un mes de xaneiro para amantes do balonmán
Por Diego Espiño
A provincia de Pontevedra converterase durante o mes de xaneiro na "capital do balonmán de todo o estado". Así o asegurou entre outros a presidenta da Deputación, Carmela Silva, na presentación oficial do Campionato de España de Seleccións Territoriais e do Memorial Domingo Bárcenas.
Na primeira das citas, entre os días 2 e 7 de xaneiro, reuniranse ata 2.200 deportistas representando ás 17 comunidades autónimas e a Ceuta e Melilla nunha competición que precisará dunha grande infraestrutura. Por iso, ademais das sedes principais de Pontevedra e Vigo utilizaranse pavillóns en Marín, Poio e O Porriño.
En total disputaranse durante eses días 291 partidos en 21 pavillóns (Municipal, CGTD, Multiusos, Universitario, Príncipe Felipe e Marcón en Pontevedra, A Raña en Marín e A Seca en Poio) nas categorías infantil, cadete e xuvenil masculina e feminina.
Todos os encontros, sinalou o presidente da Federación Española de Balonmán, Francisco Blázquez, poderanse seguir vía streaming, e as finais da categoría xuvenil serán televisadas pola canle de Teledeporte.
Será o preludio do Torneo Internacional Memorial Domingo Bárcenas que se celebrará no Municipal de Pontevedra e o pavillón vigués das Travesas do 5 ao 7 de xaneiro coa presenza das seleccións nacionais absolutas de España, Polonia, Bielorrusia e Arxentina.
As entradas, que xa están á venda a través de www.marcaentradas.com, poden adquirirse ademais a través dos clubs de balonmán da cidade, a Sociedad Deportiva Teucro e o Club Cisne Balonmán.
Á presentación de ambos os dous eventos acudiron, ademais da presidenta provincial Carmela Silva, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, o tenente de alcalde de Vigo, David Regades, e os presidentes das federacións Española e Galega de balonmán, Franscisco Blázquez e José Luis Pérez Ouro.
Relacionadas:
-
Cataluña, gran triunfadora nos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas
Por Redacción |
-
Bielorrusia, primeiro rival dos Hispanos no Torneo Internacional de España
Por Redacción |
-
Os 'Hispanos' xa se deixan ver por Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Accidentada primeira xornada no Campionato de España de Seleccións Territoriais
Por Redacción |
-
A hostalería da cidade envórcase co balonmán: 33 locais ofrecerán descontos
Por Redacción |
-
Jordi Ribera dá a lista de España para o Memorial Domingo Bárcenas que se xogará en Pontevedra
Por Redacción |
-
Á venda as entradas e abonos para o Memorial Domingo Bárcenas de balonmán
Por Redacción |
-
Arxentina e Bielorrusia completan o cartel do Memorial Domingo Bárcenas que se xogará en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
España e Polonia, primeiras seleccións confirmadas para o Memorial Domingo Bárcenas de balonmán en Pontevedra
Por Diego Espiño |