Pontevedra e Atlético de Madrid B, a romper a maldición da X
Por Diego Espiño
Cinco empates encadea de maneira consecutiva o Pontevedra Club de Fútbol, con oito xornadas sen gañar, e na última cita do ano recibirá no Estadio Municipal de Pasarón (domingo, 17:00 horas) ao equipo que mais igualadas asinou no campionato, o Atlético de Madrid B (9 veces).
Se houbese que apostar a X parece o resultado predestinado, pero no fútbol as matemáticas e estatísticas pouco importan cando empeza a rodar o balón, máis se cabe pola situación dun cadro granate que necesita unha vitoria como o respirar.
Só os tres puntos permitirían aos de Luisito recobrar impulso e afrongar o Nadal cunha maior calma. Pola contra caer ante o filial colchoneiro pode supoñer comerse o turrón desde os postos de descenso.
Non chega tampouco no seu mellor momento o Atlético B a Pasarón, despois de tres empates consecutivos e catro partidos sen gañar, pero faio en todo caso desde unha cómoda novena posición.
David Añón, cumprida a súa sanción dun encontro, apunta a unha das novidades no once, que pouco se parecerá ao do encontro do mércores en Copa Federación ante o Rápido de Bouzas, no que gozaron de minutos os menos habituais.
O que non poderá sentar no banco será Luisito, castigado con dous partidos de sanción tras a súa expulsión da pasada fin de semana ante o Unión Adarve. O técnico convocou a todos os futbolistas do primeiro plantel a excepción do 'desaparecido' Miguel Ángel, aos que se une o xuvenil Juan Barbeito.
O colexiado designado para o choque entre Pontevedra e Atlético de Madrid B é o asturiano Enrique Gao Aladro.
Relacionadas:
-
Luisito explota tras a nova derrota granate e carga contra todos en rolda de prensa
Por Ramiro Espiño |
-
Un autogol condena un Pontevedra sen alma fronte o Atlético de Madrid B (0-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Burgos de Patxi Salinas, rival do Pontevedra nos oitavos de final da Copa Federación
Por Redacción |
-
Jorge e Lezcano marcan diferenzas entre Pontevedra e Rápido de Bouzas (3-0)
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Pontevedra "dá o tipo" sumándose a unha campaña para fomentar a doazón de sangue
Por Diego Espiño |
-
Edu Sousa sostén o Pontevedra na súa visita ao Unión Adarve (0-0)
Por Redacción |