O Pontevedra "dá o tipo" sumándose a unha campaña para fomentar a doazón de sangue
Por Diego Espiño
A Axencia Galega de Doazón de Órganos (ADOS) e o Pontevedra Club de Fútbol colaborarán activamente durante os próximos días coa intención de fomentar a doazón de sangue.
Baixo o lema "Ti dás o tipo" e co hastag #súmatedoasangue desenvolverase unha campaña na cidade na que club granate convida a participar a todos os seus afeccionados.
Durante tres xornadas, os días 14, 15 e 16 de decembro, a unidade móbil do ADOS instalarase na Praza da Ferrería (9:30 a 14;30 e 15:30 a 21:00 horas xoves e venres e de 10:00 a 15:00 horas o sábado) e todo o que acuda a doar sangue, tamén na unidade do Hospital Provincial, recibirá unha camiseta conmemorativa da campaña co escudo do equipo pontevedrés.
Ademais sortearanse oito bufandas oficiais do Pontevedra entre as persoas que compartan imaxes alusivas á súa participación na campaña a través das redes sociais de Facebook e Twitter.
Xogadores do primeiro plantel achegaranse durante estas xornadas á unidade móbil para visibilizar a acción, mentres que o equipo saltará ao céspede de Pasarón no próximo encontro de liga coa camiseta conmemorativa, algo que xa fixo no seu último encontro como local ante a Gimnástica Segoviana.
Segundo explicou na presentación da campaña a directora do ADOS, Marisa López, que compareceu xunto á presidenta do Pontevedra Lupe Murillo, actualmente a axencia de doazón conta cun nivel baixo de reservas de dous tipos sanguíneos, o 0 negativo e o A positivo.
Relacionadas:
-
Sanidade adquire unha unidade móbil para as doazóns de sangue na comarca de Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra e Atlético de Madrid B, a romper a maldición da X
Por Diego Espiño |
-
O Burgos de Patxi Salinas, rival do Pontevedra nos oitavos de final da Copa Federación
Por Redacción |
-
O partido de Copa Federación ante o Rápido de Bouzas, en Mosteiro
Por Redacción |
-
Edu Sousa sostén o Pontevedra na súa visita ao Unión Adarve (0-0)
Por Redacción |
-
Que lle pasa ao Pontevedra?
Por Diego Espiño |
-
A Segoviana manda á UVI a un mal Pontevedra (0-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |