O Marcón, a un paso do ascenso tras vencer o Cambados (3-0)
Por Redacción
Era a primeira final polo ascenso, e aínda que o Marcón Atlético cumpliu coa súa parte o triunfo do Amanecer sobre o Pontevedra B evitou que se fixese realidade.
O certo é que os pontevedreses meteron medio ascenso no peto despois de gañar no Carrasco ao Juventud Cambados (3-0) e é que a falta de dúas xornadas necesitan só unha vitoria máis para recuperar un ano despois o seu lugar en Preferente.
Foi un partido que comezou igualado o do Carrasco, que comezou a desnivelar o gol de Martín aos 7 minutos, pero que non se empezou a decantar ata o fío do descanso coa expulsión do visitante Iñaki.
No primeiro minuto do segundo tempo Manu Sieiro ampliaba a distancia, facendo dano na resistencia do Cambados que no tramo final vía como Héctor completaba a goleada co terceiro dos locais, que seguen así no liderado da categoría.
Consulta aquí a acta do Marcón Atlético-Juventud Cambados.
Presicasemente o Marcón necesitaba para pechar este domingo o ascenso unha axuda do Pontevedra B, que pelexa por deixar atrás as posibles prazas de arrastre a Segunda Rexional, pero o filial granate non puido con outro dos aspirantes para subir de categoría, o Amanecer (2-0).
Os de Tonete ven cortados o seu bo momento a pesar de dar a cara nun campo complicado, e é que o encontro puido caer cara aos dous bandos, pero decantouse polo local no tramo final do encontro cando o Pontevedra xogaba en inferioridade numérica pola expulsión de Iago Martínez.
Daniel Arosa no 73 e Prieto no último minuto fixeron os goles para o Amanecer ante un Pontevedra B que acabou o choque con nove futbolistas sobre o terreo de xogo e que é agora décimo terceiro na táboa con 38 puntos.
Relacionadas:
-
O Marcón apraza o seu ascenso ao empatar (0-0) no campo del Beluso
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Pontevedra B certifica a permanencia e o Campo Lameiro consegue un histórico ascenso
Por Ramiro Espiño |
-
Marcón, Beluso e Campo Lameiro, ilusionados con lograr o ascenso a Preferente
Por Redacción |
-
Remontada en inferioridade do Marcón para manter o liderado e vitoria importante para o Pontevedra B
Por Redacción |