O Teucro, contra a gripe e o exceso de confianza na cancha do pechacancelas Tolosa
Por Diego Espiño
Na clasificación sepáranlles 28 puntos. O Teucro é primeiro con 31, e o Tolosa último con 3, por iso Quique Domínguez non quere que os seus xogadores baixen o seu nivel de concentración no partido deste sábado (18:00 horas) no País Vasco.
"Hace 15 días el Palma del Río sufrió de lo lindo allí", avisa o técnico aludindo ao seu principal perseguidor en liga, e é que se trata dun equipo que "es mucho más fuerte en casa", xa que algúns dos seus xogadores non viaxan habitualmente pero si están nos encontros de liga que xogan como locais.
"Los jugadores saben que en esta categoría fuera de casa siempre cuesta", incide Domínguez, consciente de que non poden permitirse tropezos ante rivais da zona baixa se quere manterse firme no liderado da División de Honra Prata.
Os azuis padeceron durante a semana os efectos da gripe. Dani Hernández e Edu Moledo foron baixa por este motivo nalgúns adestramentos, pero ambos os dous entraron na convocatoria para o partido.
O choque será arbitrado por García Vico e Sanmartín Almazán, da delegación territorial andaluza.
Relacionadas:
-
Abonado ao sufrimento, o Teucro segue ao seu vencendo con apuros ao Torrelavega (27-25)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Xornada redonda para o Teucro que gaña con apuros ao pechacancelas Tolosa (26-29)
Por Redacción |
-
Sufrido triunfo do Teucro sobre BMC nun mal partido (24-22) para pechar unha volta case perfecta
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Suma e segue dun Teucro intratable que se impón con autoridade ao Grupo Covadonga (25-30)
Por Redacción |