Xornada redonda para o Teucro que gaña con apuros ao pechacancelas Tolosa (26-29)
Por Redacción
Avisara Quique Domínguez na previa da súa viaxe a Tolosa que non quería confianzas na visita á cancha do pechacancelas. Sabía o técnico azul do que lle custara a Palma del Río vencer pola mínima e as súas palabras resultaron case premonitorias porque o Teucro gañou, pero sufrindo ata o final e certificando o seu triunfo no últimos dez minutos de partido.
O que non podía esperar o técnico pontevedrés é que a xornada saíse absolutamente redonda para os intereses teucristas, que vían como os seus dous inmediatos perseguidores saían derrotados de forma inesperada, Zamora na súa propia pista a mans do Córdoba, e Palma del Río na súa visita ao BM Nava, o que permite aos azuis aumentar a súa vantaxe sobre os andaluces a tres puntos e sobre os zamoranos a cinco.
O certo é que ao Teucro custoulle impoñer o seu ritmo. De novo estivo mellor nos minutos finais que no comezo do partido, cunha primeira parte de alternativas e vantaxes mínimas, que deixaba a resolución para a segunda, ao retirarse ao descanso co marcador igualado (12-12).
Á volta de vestiarios o Teucro parecía tomar definitivamente as rendas do partido, cunha vantaxe de tres goles (13-16), pero os vascos non se renderon e conseguiron dar a volta ao resultado para poñerse por diante (19-18) con 15 minutos por xogar.
A igualdade mantívose ata o minuto 50 (21-21), momento en que o Teucro impuxo a súa calidade individual e colectiva, especialmente grazas ao acerto nos lanzamentos de Dani Hernández, García Pichel, Edu Moledo e Carlos García para abrir unha pequena brecha e terminar vencendo de forma tan xusta como traballada (26-29).
Consulta aquí o acta do partido Tolosa-Teucro.
Relacionadas:
-
Non afrouxa o Teucro, que vence ao Nava (28-29) e é aínda máis líder
Por Redacción |
-
O Teucro viaxa a Nava de la Asunción coa lección ben aprendida: "A estas alturas no hay partido fácil"
Por Diego Espiño |
-
Abonado ao sufrimento, o Teucro segue ao seu vencendo con apuros ao Torrelavega (27-25)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro pide un plus á súa afección no momento clave da tempada: "Con ellos detrás todo es más sencillo"
Por Diego Espiño |
-
O Teucro, contra a gripe e o exceso de confianza na cancha do pechacancelas Tolosa
Por Diego Espiño |
-
Sufrido triunfo do Teucro sobre BMC nun mal partido (24-22) para pechar unha volta case perfecta
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro, a completar ante o BMC unha volta sen perder
Por Diego Espiño |
-
Suma e segue dun Teucro intratable que se impón con autoridade ao Grupo Covadonga (25-30)
Por Redacción |