O Peixe Galego viaxa a Melilla en cadro
Por Redacción
O máis difícil aínda para o Peixe Galego, que este mércores visita a cancha do Melilla Baloncesto coa intención de poñer fin á xeira negativa de sete derrotas consecutivas que atravesa na Liga LEB Ouro.
O equipo marinense viaxa en cadro, tras a marcha de Alec Kobre e as lesións de Oubiña e sobre todo Andrés Miso, que non se recuperou a tempo do golpe sufrido no último encontro ligueiro.
Por ese motivo o club 'peixe' despraza a só nove xogadores á cidade autónoma para enfrontarse a un dos equipos aos que venceu na primeira volta da liga pero que agora marcha nunha cómoda posición en metade de táboa.
A directiva marinense traballa contrarreloxo para tentar reforzar ao equipo, tendo en conta que a competición non para e o domingo afrontarán unha nova xornada ante o Leyma Coruña, pero está a atoparse problemas para incorporar a un xogador de garantías que encaixe no limitado orzamento da entidade.
Relacionadas:
-
As baixas castigan ao Peixe Galego en Melilla (91-63)
Por Redacción |
-
Marín saca peito dun ano histórico para o seu deporte
Por Redacción |
-
O Peixe Galego despide o ano cunha derrota en San Sebastián (83-64)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego, obrigado a acudir ao mercado tras a saída do estadounidense Alec Kobre
Por Redacción |