Villalonga e Arosa xogan a non perder, o Céltiga cae nun final polémico e o Ribadumia deixa escapar dous puntos
Por Redacción
Xogando a non perder, Villalonga e Arosa alcanzaron unha xusta repartición de puntos en San Pedro, nun partido disputado, pero con excesivo respecto entre ambos, máis preocupados de non cometer un erro que lles custase caer derrotados, que de irse decididamente a por os tres puntos, aínda que ocasións tiveron ambos para levar a vitoria.
Condicionados polo mal estado que, a pesar dos coidados a que se lle está sometendo desde principio de tempada, segue presentando San Pedro, a primeira parte foi moi trabada, cos locais tentando ter máis o balón, fronte a un Arosa que renunciaba á elaboración, buscando constantemente os balóns directos ás costas dos centrais.
Co paso do tempo chegarían as ocasións máis claras, aínda que para iso houbo que esperar ata a segunda parte. O Villalonga tívoa nun lanzamento de falta que Íker Furtado mandou á madeira, estrelando o balón na escuadra, e o Arosa nun gol consegguido por Rivas, pero que o colexiado anulou ao estimar que se axudou coa man.
Consulta aquí o acta do partido Villalonga-Arosa.
Chegaba o Alondras ao Salvador Otero nunha situación límite, arrasado polas numerosas baixas entre lesións e sancións que teñen aos do Morrazo en cadro, pero sacou proveito do mal momento que atravesa o Céltiga, nun partido que acabou con polémica cando o árbitro pontevedrés Villanueva Carballo sinalou o terceiro penalti da tarde, ao límite do tempo regulamentario, que deu a vitoria aos de Cangas.
As necesidades levaron a ambos os equipos a protagonizar un mal partido, con protagonismo arbitral e polémica nos tres penaltis sinalados, todos moi discutidos. O Céltiga, que cultivaba a súa sétima derrota consecutiva, adiantouse pronto no marcador cando Dani transformou o primeiro dos penaltis.
Pero lonxe de darlle tranquilidade, os insulares seguiron sen dominar o partido, ata que a falta dun minuto para o descanso chegaba o empate, tamén de penalti, transformado por Raúl. Nada cambiou na segunda parte, ata que no último minuto chegou o terceiro penalti, cometido por David Castro, que deu lugar a unha tángana que acabou con Álex Pena, que estaba no banco, expulsado e Raúl conseguindo o gol do triunfo visitante que afunde ao Céltiga na táboa.
Consulta aquí o acta do partido Céltiga-Alondras.
Atacado unha vez máis pola "síndrome" dos últimos minutos, o Ribadumia deixou escapar a vitoria na Senra nos instantes finais, despois de haberse adiantado no marcador a un Castro que chegaba nunha delicada situación, necesitado de sumar algo positivo.
Os de Sierra se adelataban no marcador aos 23 minutos, cun gol de Fran Fandiño, pero Gonzalo Edrosa facía o empate para o equipo lucense, cando só quedaban dous minutos para o final do tempo regulamentario.
Consulta aquí o acta do partido Ribadumia-Castro.
Relacionadas:
-
O Villalonga faise forte fronte aos grandes, importante triunfo do Céltiga e derrotas de Arosa e Ribadumia
Por Redacción |
-
Pleno de triunfos para Arosa, Villalonga, Ribadumia e Céltiga
Por Redacción |
-
O Arosa frea a medias ao Bouzas, mal partido do Ribadumia, mentres Villalonga e Céltiga gañan a domicilio
Por Redacción |
-
O Arosa golea ao Órdenes (3-0) e ascende á terceira posición
Por Redacción |
-
Valioso triunfo do Villalonga no Barco, empate do Ribadumia e derrota do Céltiga en Vilalba
Por Redacción |
-
O Ribadumia cura feridas á conta do Céltiga e o Villalonga non pasa do empate fronte ao Silva
Por Redacción |
-
Probas con derrota para o Ribadumia nun amigable ante a Selección Galega Sub-18
Por Redacción |