Valioso triunfo do Villalonga no Barco, empate do Ribadumia e derrota do Céltiga en Vilalba
Por Redacción
O que non consegue sumar na casa compénsao o Villalonga ultimamente coas súas actuacións a domicilio.
Os celestes lograron este mércores un importante triunfo no campo do CD Barco (0-1) para ascender ata a oitava praza da clasificación na Terceira División.
Despois un primeiro tempo moi disputado, un solitario gol de Filgueira aos 52 minutos de xogo valeulle ao Villalonga para sumar os tres puntos en xogo.
Os de Antonio Fernández souberon defenderse despois do gol para sumar a súa segunda vitoria consecutiva fóra da casa.
Consulta aquí o acta do Barco-Villalonga.
Non puido pasar do empate o Ribadumia na súa visita ao Estadio do Morrazo, en Cangas (0-0).
O cadro aurinegro non estivo acertado en ataque e tivo que conformarse coa repartición de puntos ante o Alondras que lles deixa en metade de táboa con 23 puntos.
Consulta aquí o acta do Alondras-Ribadumia.
Dolorosa foi a derrota do Céltiga no campo dun dos galos da categoría, o Racing Villalbés (1-0).
Os da Illa plantaron cara ao seu rival durante todo o partido, pero cando parecía que o empate ía ser o resultado final, no último minuto David García conseguía marcar para os locais.
Non houbo tempo para a reacción e o Céltiga sumou unha nova derrota que lle achega aos postos de descenso.
Relacionadas:
-
Pleno de triunfos para Arosa, Villalonga, Ribadumia e Céltiga
Por Redacción |
-
O Arosa frea a medias ao Bouzas, mal partido do Ribadumia, mentres Villalonga e Céltiga gañan a domicilio
Por Redacción |
-
Villalonga e Arosa xogan a non perder, o Céltiga cae nun final polémico e o Ribadumia deixa escapar dous puntos
Por Redacción |
-
O Ribadumia cura feridas á conta do Céltiga e o Villalonga non pasa do empate fronte ao Silva
Por Redacción |