O Arosa golea ao Órdenes (3-0) e ascende á terceira posición
Por Redacción
O Arosa non deu lugar á sorpresa na visita do pechacancelas da competición, o Órdenes, e consolídase na zona de play-off de ascenso.
Os de Jorge Otero golearon na Lomba (3-0) nun choque máis traballado do que indica o marcador final.
Óscar Iglesias facía xustiza ao traballo dos arlequinados cun gol ao fío do descanso. O tanto fixo moito dano ao ánimo visitante, que a pesar diso mantívose no partido ata que mediado o segundo tempo Sylla encarrilaba o encontro co 2-0.
Xa co tempo cumprido Manuel Justo completou unha goleada que permite ao Arosa ascender ata a terceira praza da clasificación da Terceira División con 31 puntos.
Relacionadas:
-
O Arosa frea a medias ao Bouzas, mal partido do Ribadumia, mentres Villalonga e Céltiga gañan a domicilio
Por Redacción |
-
Villalonga e Arosa xogan a non perder, o Céltiga cae nun final polémico e o Ribadumia deixa escapar dous puntos
Por Redacción |
-
O Arosa rescata un punto no desconto e apea do liderado ao Racing Villalbés (1-1)
Por Redacción |
-
O Arosa queda sen opcións na Copa Federación ao caer goleado ante a Ponferradina (1-5)
Por Redacción |