O Cisne imponse nun intenso final ao BMC Carabanchel (24-27)
Por Redacción
Emoción e intensidade máxima ata o último minuto. O Cisne levou un intenso partido que puido gañar calquera no Polideportivo Francisco Fernández Ochoa, superando a un BMC Carabanchel que dominou o marcador durante boa parte do tempo para ceder só moi ao final.
Os de Jabato souberon xestionar mellor os momentos craves e tiveron en David Chapela, apoiado nas decisivas intervencións de Pablo Galán, ao seu home franquía, ao que non lle tremeu o brazo xusto cando a moitos se lles encolle.
Igualdade absoluta durante os 60 minutos. Na complicada pista madrileña os locais saíron mandando, aínda que con curtas vantaxes de entre un e dous goles durante toda a primeira parte, ás que sempre respondía o Cisne recortando e chegando a nivelar o marcador. Desa maneira chegouse ao descanso con Carabanchel un gol arriba (13-12) e todo por decidir na segunda metade.
Mantívose a mesma tónica ata o 39 (17-15). Xusto nese momento o Cisne deu un paso á fronte e cun parcial favorable de 0-4 poñíase por primeira vez con vantaxe (17-19). O técnico local pediu un oportuno tempo morto e Carabanchel devolveu outro parcial de 3-0, para volver poñerse por diante (20-19), pero o Cisne xa había visto que as súas posibilidade de gañar eran reais e lanzouse a por o partido.
Con 21-20 no marcador, Carabanchel sofre a exclusión de Joaquín Olivares, que sería unha das claves. Javi Vázquez lograba empatar. Os madrileños arriscaron xogando en inferioridade sen porteiro, pero perderon o balón e Pablo Galán marcaba a porta baleira. O mesmo Javi Vázquez ampliaba o pequena pero importante brecha e subía ao marcador o 21-23 (minuto 51).
Quedaba moito e ademais o máis emocionante. Carabanchel recortaba por dúas veces, e outras tantas apareceu David Chapela para recuperar a diferenza de dous. Puido sentenciar o Cisne a falta de catro minutos, pero perdeu o balón en ataque e os locais puxéronse a un só gol. Pablo Galán evitou o empate e o Cisne xestionou ben o minuto final, con penalti provocado por Álex Chan e transformado con amorne por Javi Vázquez (24-26) a falta de 48 segundos. A precipitación local levoulles a un novo erro ofensivo que Guille Rial aproveitou case sobre a bucina para poñer no luminoso o definitivo 24-27.
Relacionadas:
-
Dura derrota dun Cisne ao que non lle saíu nada en Torrelavega (33-23)
Por Redacción |
-
Festival ofensivo do Cisne, que non dá opción ao Tolosa (40-35) e segue crecendo na liga
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Toño Lafuente sostén o Cisne nunha traballada vitoria sobre Grupo Covadonga (28-25)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Cisne, a recobrar impulso ante o "tapado" Covadonga
Por Diego Espiño |
-
Memorable derbi e triunfo agónico do Teucro sobre o Cisne (32-31)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |