Comeza a fase de competición máis esixente para o Poio Pescamar
Por Redacción
Son tres xornadas as que acumula sen gañar o Poio Pescamar, que quere romper esa xeira negativa coa visita ao pavillón da Seca dun dos favoritos, o Burela.
O choque deste sábado (16:30 hotas, TVG2), supón ademais o inicio da fase máis dura da competición ligueira para as vermellas, que nas próximas semanas enfrontaranse a outros candidatos ao título da máxima categoría como Atlético Navalcarnero e Alcorcón, cun derbi por medio ante o Cidade das Burgas.
Antes, as xogadoras adestradas por Marcio Santos afrontarán un choque ante o Burela que se presenta como o máis igualado dos últimos anos, cun Poio Pescamar que aspira a engancharse de novo á zona alta e un cadro lugués moi renovado e en fase de adaptación, aínda que marchan xa na terceira posición grazas en gran medida á achega das brasileiras Dany, Cilenne e Jozi.
O técnico vermello poderá contar con todo o plantel, polo que a convocatoria queda composta por: Silvia, Sara, Charo, Carol, Jenny Lores, Suki, Ceci, Jessy Lores, Patri Corral, Ale de Paz e Jessi.
Relacionadas:
-
Cidade de As Burgas supera en acerto rematador ao Poio Pescamar (3-1)
Por Redacción |
-
Gran vitoria dun sólido Poio Pescamar ante Burela Pescados Rubén (2-0)
Por Redacción |
-
Derrota axustada do Poio Pescamar na cancha do Gironella (2-1)
Por Redacción |
-
Poio arroupa a España na súa primeira vitoria (5-3) ante Portugal en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Demasiado respecto entre Poio Pescamar e Roldán (2-2)
Por Redacción |