O Teucro regresa ante o Nava a un Pavillón Municipal que "ha quedado precioso"
Por Diego Espiño
As obras de substitución da cuberta no Pavillón Municipal dos Deportes concluíron e a Sociedad Deportiva Teucro poderá regresar do exilio de Príncipe Felipe no encontro deste sábado (20:30 horas) ante o BM Nava.
"Ha quedado precioso", recoñece Quique Domínguez en relación ao novo aspecto do pavillón pontevedrés, e o equipo contento de volver xogar na súa pista quere redondear a semana coa que sería a súa terceira vitoria en liga en apenas sete días.
A pesar de chegar no mellor momento da tempada e en franca melloría de xogo e resultados, o técnico azul cre que será "un partido serio y difícil" o do Nava, un equipo que comezou a liga de maneira irregular (un punto en cinco partidos) pero que "es una muy buena plantilla".
Ademais, incide Domínguez, "la igualdad es máxima en esta competición", polo que non caben relaxacións.
Edu Moledo segue sendo baixa pola súa lesión nun dedo da man xa que a súa recuperación "seguramente va a llevar más tiempo del que esperábamos". Unha ausencia á que se unirá, case con total probabilidade, Saúl Campo, debido ao golpe nun ombreiro que se produciu o pasado martes en Torrelavega.
Ante esta situación Quique Domínguez recorrerá unha vez máis ao filial de Primeira Nacional, convocando de novo a Arón e Sergio Altirriba e citando esta vez tamén a Carlos Gerhardt.
O partido será arbitrado polos colexiados madrileños Miranda Bedate e San Pedro Colorado.
Relacionadas:
-
Comeza a instalación do pavimento deportivo sintético no Pavillón dos Deportes
Por Redacción |
-
Terceiro triunfo nunha semana do Teucro ao vencer nun cómodo partido ao Nava (29-23)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro progresa adecuadamente e logra en Torrelavega o seu primeiro triunfo fóra (24-28)
Por Redacción |
-
O Teucro salva o seu mal partido aproveitando a debilidade dun frouxo Tolosa (29-20)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |