Quique Domínguez aposta pola Copa do Rei: "Es una competición que me gusta mucho"
Por Diego Espiño
O Teucro aparca por uns días a liga para centrarse na súa participación na Copa do Rei, unha competición "que a mí me gusta mucho", recoñece Quique Domínguez.
O técnico pontevedrés non reservará a ninguén para a cita deste sábado (19:30 horas) en Zarautz ante un equipo "muy hecho en la División de Honor Plata y que en su pista siempre es complicado".
Desta forma só os lesionados Edu Moledo e Rial causan baixa, aínda que Carlos García viaxa con molestias no pé que poden comprometer o seu rendemento. por ese motivo Aarón, extremo do filial, completa a convocatoria azul.
Domínguez criticou en todo caso o sistema de sorteo da primeira eliminatoria, na que o Teucro estaba obrigado a xogar fóra da casa a pesar de enfrontarse a "un equipo de nuestra misma categoría".
Iso non é impedimento para arrincar con ilusión unha competición que este ano cambia de sistema e contará cunha fase final de oito equipos, propicia para que algún club modesto poida dar a sorpresa e chegar ás últimas roldas.
En caso de avanzar en Copa, a segunda eliminatoria, tamén a partido único, xogaríase en Pontevedra ante a Infinidade cántabra o día 26 de outubro.
Relacionadas:
-
O Teucro salva o seu mal partido aproveitando a debilidade dun frouxo Tolosa (29-20)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro reacciona na segunda parte para gañar en Zarautz (19-24) e seguir adiante na copa
Por Redacción |
-
Edu Moledo, baixa sensible para o Teucro na Copa do Rei
Por Redacción |
-
Patinazo do Teucro en Carabanchel (31-27)
Por Redacción |