Obxectivo "llenar Pasarón" no partido da Selección Española Sub-21
Por Diego Espiño
A Federación Galega de Fútbol quere "ver Pasarón totalmente lleno" no partido entre as seleccións Sub-21 de España e Estonia o próximo 10 de outubro, "y estamos plenamente convencidos de que eso va a suceder", asegurou este luns o presidente federativo, Rafael Louzán, nunha visita ás instalacións xunto ao seleccionador nacional, Albert Celades.
Para iso poñeranse "precios populares", aínda que estes desvelaranse aínda "en los próximos días".
Louzán confirmou ademais que o Pontevedra Club de Fútbol vai saír beneficiado do encontro a través dunha "colaboración económica" e coa mellora do céspede de Pasarón, que pese ao "buen estado" xeral presenta "zonas que hay que mejorar", sinalou o dirixente. Por iso contratarase unha empresa que coordinará o mantemento do estadio durante o próximo mes, pensando tamén no 75 aniversario do club granate.
Albert Celades: "Quiero pedir a todo el mundo que venga a ver el partido y a ayudarnos"
"En un partido de estos antes de jugar ya ganamos todos" pero "falta ganar el partido", explicou o presidente do fútbol galego. Por ese motivo e ante a importancia que ten o choque, no que España se xogará a súa presenza na fase final do Campionato de Europa da categoría, Albert Celades aproveitou para "pedir a todo el mundo que venga a ver el partido y a ayudarnos".
O ex-futbolista profesional lembrou ademais o seu pasado, cando "estuve aquí jugando con la sub-21, en un partido contra Suecia, me acuerdo muy bien" e tamén "luego estuve con el Zaragoza en un partido de Copa del Rey, que aún estaba en obras el campo", sinalou en referencia a aquel encontro no que o Pontevedra, por entón dirixido por Javi Gracia, venceu por 1-0 cun tanto de Víctor Ormazábal.
Celades mostrouse encantado coa elección da cidade de Lérez porque despois de vivir un ano en Vigo, xogando no Celta, "para mí siempre es un lujo venir aquí. Tengo recuerdos magníficos de esta zona", declarou ante os medios de comunicación.
SANXENXO, BASE DA EXPEDICIÓN
Durante a súa estancia nas Rías Baixas a Selección Española Sub-21 aloxarase en Sanxenxo, concretamente no Hotel Juan Carlos I, estando previsto que o día antes do partido realice unha sesión de adestramento no campo de Baltar, en Portonovo.
Relacionadas:
-
Pasarón non falla pero España terá que xogar a repesca para ir ao Europeo sub-21 tras golear a Estonia (5-0)
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
Máis de medio aforamento de Pasarón vendido para o España-Estonia Sub-21
Por Redacción |
-
Asensio, Denis Suárez ou Williams, convocatoria de luxo da Sub-21 para o seu partido en Pasarón
Por Redacción |
-
O decisivo España-Estonia Sub 21 inicia a semana de actos do 75 aniversario do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
A Selección Española Sub-21 xogará o 10 de outubro en Pasarón
Por Redacción |