O PP insta o Concello a licitar o servizo de bar no campo de fútbol da Xunqueira
Por Diego Espiño
O próximo pleno municipal debaterá a necesidade de sacar a concesión o servizo de bar e cafetería no campo de fútbol da Xunqueira.
Farao tras presentar o Partido Popular unha moción respecto diso para "instar al gobierno municipal a que lo antes posible licite el contrato", explicou o concelleiro do PP Tomás Abeigón.
O servizo permanece pechado desde decembro de 2015, cando expirou a última prórroga concedida á concesión. Desde entón, aínda que segundo o edil da oposición na xunta reitora do Intituto Municipal de Deportes chegouse a asegurar que se estaba tramitando o novo contrato "no encontramos ningún expediente al respecto", sinalou.
"No exageramos si decimos que utilizan la instalación miles de personas al año", alegou Abeigón, que cualificou de "dejadez y abandono" a situación do deporte local.
O último contrato de concesión do servizo de bar no campo da Xunqueira fixaba tres anos o período de explotación (2009 a 2012) e a posibilidade de prorrogar o servizo ata a data sinalada de 2015.
Relacionadas:
-
O Concello planea transformar a cafetería do campo de fútbol da Xunqueira en oficinas para os clubs
Por Diego Espiño |
-
O PP reclama a licitación do servizo de cafetería no Pavillón Municipal dos Deportes
Por Diego Espiño |
-
Este martes comeza a reforma do campo de herba sintética da Xunqueira
Por Oskar Viéitez |
-
A empresa Mecano Sport garantirá o mantemento da herba sintética da Xunqueira durante máis dunha década
Por Oskar Viéitez |
-
Un plan estratéxico para o deporte pontevedrés, proposta do PP no Pleno Municipal
Por Redacción |
-
O desuso do galego por parte de varios concelleiros debatirase no vindeiro pleno
Por Redacción |
-
Nove empresas optan ao contrato para renovar o céspede sintético da Xunqueira
Por Redacción |
-
A corporación non descansará en agosto
Por Alejandro Espiño |
-
Máis de 360.000 euros para renovar a herba sintética do campo de fútbol da Xunqueira
Por Redacción |
-
O PP interesase polos problemas das instalacións deportivas da Xunqueira
Por Redacción |