Javi Busto vence nunha Transgalaica de Cotobade marcada pola chuvia
Por Redacción & Diego Torrado
Cotobade volveu a ser o punto de partida para unha nova edición da Transgalaica, unha das probas de BTT maratón con maior seguimento dentro do circuíto autonómico.
Esta undécima edición, o VII Trofeo Concello de Cotobade, deu comezo cunha dura xornada deportiva, debido ás adversas condicións climatolóxicas.
Pero iso non impediu que o lalinente Javi Busto (Club Ciclista de la Fuente), vencedor da última Transgalaica, iniciase con vitoria a defensa do título. Secundárono no podio Manuel Parada e Diego Álvarez, aínda que a máis de dous minutos.
Na categoría feminina, a vitoria foi para a corredora do C.C. O Grove Lara Lois, por diante de Isabel Picoaga e Ana María González.
A Carballedo, punto de saída da proba, achegáronse máis de 400 corredores.
O percorrido inicialmente previsto tivo que ser modificado debido ás fortes choivas caídas durante os últimos días, quedando a distancia final en 55 quilómetros.
A segunda proba da Trasgalaica disputarase o próximo 13 de marzo en Tui.
Relacionadas:
-
Máis de 400 ciclistas para a proba inaugural da Transgalaica 2017 de BTT
Por Redacción |
-
Cotobade repetirá en 2017 como inicio da Transgalaica de BTT
Por Redacción |
-
Máis de 400 participantes para o inicio da Transgalaica en Cotobade
Por Redacción |
-
Cotobade volverá a acoller no 2016 a primeira proba do circuíto Transgalaica de BTT Maratón
Por Redacción |