Máis de 400 participantes para o inicio da Transgalaica en Cotobade
Por Redacción
Carballedo dará un ano máis o pistoletazo de saída do circuíto galego de BTT Maratón Transgalaica 2016, na súa undécima edición, co VII Trofeo Concello de Cotobade.
Farao ademais cunha cifra de participación que se espera de record, superando os 423 participantes do pasado ano ao rozar os 450 inscritos.
A proba desenvolverase desde as 10:00 horas cun percorrido de 57 quilómetros esixentes de seu e que se prevén máis duros aínda polas condicións meteorolóxicas.
Ademais do mellor do pelotón galego, está confirmada a presenza de ciclistas doutros puntos de España, principalmente Asturias e Castela-León. Entre os favoritos destaca o vencedor da pasada edición do circuíto, Javi Busto, ou Brandán Márquez en categoría masculina e Susana Alonso na feminina.
Despois de Cotobade, a Transgalaica contará con tres probas puntuables máis en Tui (13 de marzo), Vigo (3 de abril) e Ames (24 de abril).
Relacionadas:
-
Javi Busto vence nunha Transgalaica de Cotobade marcada pola chuvia
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Cotobade volverá a acoller no 2016 a primeira proba do circuíto Transgalaica de BTT Maratón
Por Redacción |
-
Brais Sendín e Susana Alonso impóñense no exitoso inicio da Transgalaica
Por Diego Torrado |