Cotobade repetirá en 2017 como inicio da Transgalaica de BTT
Por Redacción
Por noveno ano consecutivo o circuíto galego de BTT Maratón, a Transgalaica, terá parada en Cotobade.
Carballedo será un ano máis punto de partida da competición, cunha proba que se celebrará o día 26 de febreiro segundo o borrador de calendario aprobado pola asemblea xeral Federación Galega de Ciclismo.
Consilidada xa no calendario autonómico, a Transgalaica congregou o pasado ano en Cerdedo-Cotobade máis de 400 ciclistas, chegados moitos deles desde outras comunidades autónomas.
A proba estará organizada polo Monteferro Bike Club coa colaboración do Concello e dará paso a outras tres carreiras en Ames, Vigo e unha cuarta nunha localidade aínda por determinar.
"Trátase dunha proba de moitísimo prestixio, o que nos segue a situar como referenza dos deportes que se celebran na natureza", sinalou tras concoer a noticia o presidente da xunta xestora de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.