O Froiz no debut da Copa de España Elite e Sub-23 cun noveno posto de Araújo
Por Redacción
Tentouno o Grupo Deportivo Supermercados Froiz no debut da Copa de España Elite e Sub-23 de ciclismo en ruta, pero non conseguiu romper unha carreira predestinada a decidirse ao sprint.
O equipo pontevedrés estreou tempada en Don Benito (Badaxoz) co Circuíto do Guadiana nunha proba na que os seus corredores mostráronse moi activos.
As dúas escapadas importantes da xornada contaron con representación do Froiz. Na primeira coouse Francisco Medina nun grupo de 12 corredores que se formou no alto de Magacela, mentres na última fuga meteuse David González con outros cinco ciclistas, que lograron unha renda de 15 segundos a falta de dous quilómetros para a meta.
O pelotó neutralizou e todo se decidiu ao sprint, cunha caída na última curva que condicionou a chegada. O gañador foi Egoiz Fernández (Fundación Euskadi), sendo o mellor corredor do Froiz o ciclista portugués Joao Araújo, noveno, mentres Francisco Medina foi décimo cuarto e o equipo colocouse na cuarta posición deste apartado.
A segunda cita da Copa de España disputarase o vindeiro domingo 28 de febreiro en Alcantarilla (Murcia) cunha nova edición do Trofeo Guerrita.
Relacionadas:
-
Medina destácase como o líder do Froiz tras a Aiztondo Klasikoa
Por Redacción |
-
Xornada aciaga para o Froiz no Trofeo Guerrita
Por Redacción |
-
Segundo asalto para o Froiz na Copa de España
Por Redacción |
-
"Boas sensacións" do Froiz ante o inminente inicio da Copa de España
Por Redacción |
-
Froiz, 28 anos de aposta polo ciclismo
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Froiz fixa os obxectivos dunha tempada que iniciará no Circuíto do Guadiana
Por Diego Espiño |