"Boas sensacións" do Froiz ante o inminente inicio da Copa de España
Por Redacción
É de novo un dos principais obxectivos da tempada, pero tradicionalmente se lle resiste. por ese motivo o Grupo Deportivo Supermercados Froiz cambiou a configuración do plantel incorporando corredores que renden ben en carreiras dun día.
A Copa de España Elite e Sub-23 arrinca este domingo 21 de febreiro en Don Benito (Badaxoz), co Circuíto do Guadiana, unha proba de 171,4 quilómetros no que destaca o alto de Magacela.
A actuación do equipo a pasada campaña nesta competición "non foi digna de nós", recoñece o seu director, Evaristo Portela, que con todo encara esta tempada con "boas sensacións".
O equipo do Froiz en Don Benito estará composto por: Joao Matias, Renato Macedo, Francisco Medina, David González, Alejandro Regueiro, Diego Somoza e Roberto Mediero.
Tras o Circuíto do Guadiana, a Copa de España contará con outras oito citas puntuables: Trofeo Guerrita (28 de febreiro), Aiztondo Klasika (6 de marzo), Memorial Valenciaga (3 de abril), Clásica Xavier Tondo (10 de abril), Clásica Ciudad de Torredonjimeno (17 de abril), Memorial Momparler (24 de abril), Clásica Santikutz (1 de maio) e o Gran Premio Macario (15 de maio).
Relacionadas:
-
Segundo asalto para o Froiz na Copa de España
Por Redacción |
-
O Froiz no debut da Copa de España Elite e Sub-23 cun noveno posto de Araújo
Por Redacción |
-
Froiz, 28 anos de aposta polo ciclismo
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Froiz fixa os obxectivos dunha tempada que iniciará no Circuíto do Guadiana
Por Diego Espiño |
-
O novo horizonte portugués do Supermercados Froiz
Por Redacción |