O Froiz fixa os obxectivos dunha tempada que iniciará no Circuíto do Guadiana
Por Diego Espiño
A pouco máis dunha semana para que estree a tempada oficial, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz afina a súa posta a punto na concentración que, desde este mércores, protagonizan todos os corredores do equipo pontevedrés. Só falta á cita José Luis Mariño, que se atopa adestrando en México.
A escuadra alimenticia busca coa tradicional concentración previa ao comezo da competición fomentar o bo ambiente no equipo e tamén definir os obxectivos e a planificación da tempada.
Neste sentido o equipo dirixido por Evaristo Portela estrearase en 2016 na primeira proba da Copa de España, o 50 Circuíto do Guadiana que terá lugar o próximo 21 de febreiro en Don Benito (Badaxoz), continuando o 28 de febreiro co XXV Trofeo Guerrita en Alcantarilla (Murcia).
Precisamente a Copa de España será un dos grandes obxectivos da campaña, sendo unha competición que se lle resiste tradicionalmente. "Tiñamos corredores para voltas por etapas pero nos faltaban ciclistas dun día", recoñece Portela en relación ás fichaxes para esta tempada entre os que "hai moito talento", asegura.
Entre eles atópanse os galegos Alejandro Regueiro, Víctor Fernández, Martín Bouzas e Diego Somoza e os portugueses João Carlos Araújo e Renato Macedo. A fichaxe destes dous últimos ciclistas responden o interese de gañar presenza no calendario luso, no que deberán escoller carreiras posto que se multiplicaron as invitacións ao Froiz.
Con todo a prioridade será "o calendario nacional", na que destacarán roldas por etapas como a Volta a Galicia. En canto á Copa de España a meta pasa por "gañar a lo menos unha proba" das nove que figuran no calendario.
Relacionadas:
-
O Froiz no debut da Copa de España Elite e Sub-23 cun noveno posto de Araújo
Por Redacción |
-
"Boas sensacións" do Froiz ante o inminente inicio da Copa de España
Por Redacción |
-
Froiz, 28 anos de aposta polo ciclismo
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O novo horizonte portugués do Supermercados Froiz
Por Redacción |
-
Primeiros quilómetros para o novo proxecto do Supermercados Froiz
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz cae ao quinto posto do ránking nacional
Por Redacción |