O Arosa fai oficial a fichaxe de Fran Fandiño
Por Redacción
Xa é oficial, o futbolista pontevedrés Fran Fandiño defenderá a próxima tempada as cores do Arosa Sociedad Cultural, tal e como adiantou PontevedraViva.
A negociación prolongouse máis do inicialmente previsto, pero as ganas do xogador de rematar en Vilagarcía, despois de que o Pontevedra lle comunicase que non entraba nos plans de Luisito, foron suficientes para que a operación chegase a bo porto.
O centrocampista, que marcha do club de Pasarón en calidade de cedido, explicou tras confirmarse a fichaxe que "se demorou moito a cesión porque non dependía de min, senón tamén do Pontevedra".
Fandiño asegura que "tiña moi claro que quería xogar no Arosa porque mostraron interese antes que ninguén, e se implicaron na miña fichaxe". Ademais, recoñece, "atráeme o proxecto, o estadio e a afección, é un cúmulo de moitas cousas".
O futbolista incorporarase este mesmo mércores aos adestramentos do Arosa baixo as ordes de Piscis, e farao cun obxectivo claro, o de "entrar no play off, polo menos é a miña ilusión e a miña meta este ano".
Relacionadas:
-
Boa imaxe do Arosa ante o Coruxo no seu primeiro partido de pretempada
Por Redacción |
-
O Arosa comeza a liga na Lomba fronte ao Cerceda e o Ribadumia visita ao Órdenes
Por Redacción |
-
Fran Fandiño deixa o Pontevedra e marcha cedido ao Arosa
Por Ramiro Espiño |
-
Dani Bea, dianteiro do Laracha, nova fichaxe do Arosa
Por Redacción |