O Arosa comeza a liga na Lomba fronte ao Cerceda e o Ribadumia visita ao Órdenes
Por Redacción
A Federación Galega de Fútbol celebrou na mañá de este sábado a súa Asemblea Xeral Ordinaria para pechar a temporada 2014-15 e dar inicio oficial a 2015-16. O marco elexido foi o Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago (Sán Lázaro) e nel tivo tamén lugar o sorteo do calendario da Terceira división, co resultado de dous partidos complicados na estrea para Arosa e Ribadumia. Os de Piscis recibirán na Lomba ao Cerceda, mentres que os da Senra visitarán ao Órdenes.
Igualmente, a primeira xornada presenta outro prato forte, como é o choque entre os dous teóricos máximos aspirantes ao título, Boiro e Deportivo B, que xogarán en Barraña.
Precisamente fronte ao Deportivo B en Abegondo xogará o Arosa na segunda xornada, mentres o Ribadumia recibirá a visita do recén ascendido Verín. O derbi comarcal entre ambos os dous chegará pronto, concretamente na xornada 5 na Lomba, o 20 de setembro, mentres que a volta na Senra será o 7 de febreiro.
Ao igual que nas categorías superiores, a Liga en Terceira comezará o fin de semana do 22-23 de agosto próximo. O calendario completo do grupo I da Segunda B pódese consultar neste enlace.
Polo que respecta ao acontecido na Asemblea que tivo más de 400 asistentes, logo dos puntos habituais (presentación das contas, do plan de competición, das modificacións regulamentarias, informe do Presidente e rogos e preguntas), todos eles aprobados sin dificultades, chegouse a unha parte final que presentou novidades importantes coas que a Xunta Directiva que preside Rafael Louzán pretende dar un xiro ao desenrolo deste tipo de actos.
O acto aproveitouse tamén para entregar os trofeos de campións que corresponderon aos seguintes clubs:
Pontevedra Club de Fútbol: campión de Terceira (trofeo que foi recollido pola súa presidenta Lupe Murillo de mans de Arsenio Iglesias.
SD Negreira: Campión Preferente Norte.
CD Barco: Campión Preferente Sur.
SD Negreira: Campión Absoluto Preferente.
UD Paiosaco: Campión Grupo 1 Primeira Autonómica.
SD Villestro: Campión Grupo 2 Primeira Autonómica.
Club Lemos: Campión Grupo 3 Primeira Autonómica.
CF Monterrey: Campión Grupo 4 Primeira Autonómica.
USD de O Grove: Campión Grupo 5 Primeira Autonómica.
Atlético Arousana: Campión Primeira División Feminina.
Victoria CF: Campión Liga Nacional Xuvenil.
Pizzería Fuga Xove Fútbol Sala: Campión 3ª División Fútbol Sala.
Santiago Futsal: Campión División Honra Xuvenil.
O acto culminou coa entrega de sete distincións especiais:
Entidade: Secretaría Xeral para o Deporte pola súa promoción do deporte base e os hábitos saúdables mediante o Plan Xogade.
Medios de Comunicación: Jesús Lodeiro pola súa traxectoria como fundador, conductor e alma máter do programa “Galicia en Goles” da Radio Galega.
Árbitro: Germán Jiménez Martínez. Mítico ex árbitro galego.
Directivo: Matilde Alonso Filgueira, a título póstumo, por ser unha persoa clave na promoción e desenrolo do fútbol feminino en Galicia.
Xogadores: Fran González e Xurxo Otero pola súa traxectoria como futbolistas e por ensalzar o fútbol galego.
Adestrador: Arsenio Iglesias pola súa brillante traxectoria creando o mítico “Superdepor”.
Relacionadas:
-
Bo comezo do Ribadumia impoñéndose a domicilio (0-2) ao Órdenes
Por Redacción |
-
Sorteado o calendario de liga en Preferente Autonómica Sur cun Marcón-Porriño na primeira xornada
Por Redacción |
-
Boa imaxe do Arosa ante o Coruxo no seu primeiro partido de pretempada
Por Redacción |
-
O Ribadumia segue perfilando o seu equipo coas incorporacións de Javi Pazos e Agus
Por Redacción |
-
O Arosa fai oficial a fichaxe de Fran Fandiño
Por Redacción |
-
O Guijuelo, primeiro rival do Pontevedra no seu regreso á Segunda División B
Por Alejandro Espiño |