Bo comezo do Ribadumia impoñéndose a domicilio (0-2) ao Órdenes
Por Redacción
Un Ribadumia moi renovado con respecto á tempada pasada comezou a liga cunha vitoria nun dos campos máis complicados da categoría. O debutante Agus, procedente do Pontevedra, resultou clave ao marcar o primeiro gol e iniciar a xogada do segundo.
Comezou mellor o Órdenes que dispuxo dun par de boas oportunidades desaproveitadas por Nacho. Nun partido condicionado polo forte vento que sopraba en Vista Alegre, os de David Sierra pronto se repuxeron facéndose co control do balón, ata que aos 20 minutos Agus se escapa de Martín Graña e finaliza con tranquilidade batendo a Mario.
O gol deu máis confianza aos visitantes, que seguiron dominando na segunda parte ata que pouco antes da hora de xogo de novo Agus aparece para iniciar unha contra, tras roubarlle o balón a Cabrejo e ceder para Changui quen asistiu a Nando, deixando practicamente sentenciado o partido.
A partir de aí os locais buscaron solucións cun fútbol máis directo, ben resolto pola zaga dun Ribadumia que puido mesmo aumentar diferenzas ao dispoñer de tres oportunidades claras para marcar.
Relacionadas:
-
Dani Fernández tomba ao Ribadumia (1-0) en As Pontes
Por Redacción |
-
O Verín asalta A Senra no desconto vencendo o Ribadumia (2-3) nun partido de infarto
Por Redacción |
-
O Ribadumia segue perfilando o seu equipo coas incorporacións de Javi Pazos e Agus
Por Redacción |
-
O Arosa comeza a liga na Lomba fronte ao Cerceda e o Ribadumia visita ao Órdenes
Por Redacción |