Dani Bea, dianteiro do Laracha, nova fichaxe do Arosa
Por Redacción
Nova fichaxe do Arosa SC para a próxima tempada. O club arlequinado chegou a un acordo co dianteiro Daniel Bea Neira "Dani Bea" para incorporarse ao equipo adestrado por Piscis.
O futbolista, nacido en Vilagarcía, ten 26 anos e chega procedente do Laracha, onde xogou as últimas catro tempadas (dous en Terceira División e outras dúas en Rexional Preferente). Formado nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, chegou a ir convocado co primeiro equipo deportivista na etapa de Joaquín Caparrós como técnico branquiazul. Ademais, xogou co SD Órdenes en Terceira e co desaparecido Montañeros CF en Segunda División B. Trátase dun dianteiro rápido e habilidoso co balón, que pode xogar tamén nas bandas.
As primeiras palabras de Dani Bea como xogador do Arosa foron para destacar que non podía rexeitar unha oferta do club da súa cidade: "Mi llegada a Villagarcía fue un poco por sorpresa. Ya había renovado en Laracha y no atendí ninguna oferta de Tercera División hasta que me llamó Piscis. Siempre dije que para salir del Laracha tenía que ser algo gordo, y esto lo es. Por historia y masa social el Arosa es un grande y por eso quise jugar aquí, además de que yo nací en Vilagarcía y tengo familia aquí, eso también influyó. Espero que hagamos un buen año en esta nueva temporada. Creo que el Arosa siempre debe aspirar a lo máximo y el objetivo es el play off. Como dije antes, no tenía pensado cambiar de equipo este año, Laracha es como mi casa, pero cuando te llama el Arosa no se puede decir que no, es el club más grande de Tercera y el de mi tierra".