O Recinto Feiral, a punto para recibir os campionatos de España de ximnasia rítmica
Por Redacción
Pontevedra será, a partir do venres 26 de xuño, a capital nacional da ximnasia rítmica coa disputa dos campionatos de España de clubs e autonomías e o individual.
O Recinto Feiral está case listo para recibir as ximnastas nunha primeira cita, de clubs e autonomías, que contará con preto de 500 deportistas de 400 clubs durante tres días de competición.
Baixo a organización do Club Treboada, ambos os dous eventos congregarán na cidade a "unas 2.000 personas" entre técnicos e deportistas.
Entre as participantes destaca a presenza, no segundo dos campionatos (1-5 de xullo), de Carolina Rodríguez e Natalia García, dúas ximnastas que en setembro buscarán a súa clasificación para os Xogos Olímpicos de Río 2016.
Son o espello no que se miran a maioría de ximnastas que se achegarán a Pontevedra e que parten coa ilusión de realizar un bo papel na maior competición nacional de ximnasia rítmica, un deporte que tal e como sinalaron na presentación do evento, é "el deporte femenino que más licencias nacionales tiene".
No Recinto Feiral instalouse unha bancada supletoria con capacidade para 1.700 persoas, ademais dun tapiz central, dous de pre-competición e seis de quecemento.
Relacionadas:
-
Sen apenas descanso chega a Pontevedra a segunda gran cita coa ximnasia rítmica nacional
Por Diego Espiño |
-
Exitoso peche de competición no Campionato de España de Clubs de Ximnasia Rítmica
Por Diego Torrado |
-
Pontevedra empápase do ambiente da mellor ximnasia rítmica nacional
Por Mónica Patxot |
-
A alta participación prevista obriga a ampliar un día de competición no Nacional de Ximnasia Rítmica
Por Redacción |
-
Habilitan a venda anticipada de entradas para os campionatos de España de ximnasia rítmica
Por Redacción |