Sen apenas descanso chega a Pontevedra a segunda gran cita coa ximnasia rítmica nacional
Por Diego Espiño
Club Treboada e Federación Española de Ximnasia mostráronse moi satisfeitos co desenvolvemento a pasada fin de semana do Campionato de España de Clubs e Autonomías de Ximnasia Rítmica, tras recibir opinións positivas de deportistas e clubs.
Non obstante, e sen apenas tempo para saborarlo, ambos os dous puxéronse a traballar na segunda gran cita con este deporte na cidade de Lérez, outro campionato nacional que fai o presidente do Treboada, Carmelo Vázquez, asegurar que "el bueno viene ahora".
O Recinto Feiral de Pontevedra acollerá dende este mércores día 1 e ata o domingo 5 o Nacional Individual, no que se reunirá a elite española deste deporte.
"Empieza un día antes y es más intenso de horarios", recoñece Isabel Pagán, representante federativa, antes dunha cita que reunirá case 300 ximnastas con "una media de tres pases cada una".
Entre as inscritas figuran as tres mellores ximnastas do país como son Carolina Rodríguez, Natalia García e Sara Llana. Tamén unha deportista do club local, o Treboada, que estará representado na zompetición por Zoe Santos.
Relacionadas:
-
A ximnasia rítmica, protagonista en Pontevedra cun exitoso Nacional individual
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Vibrante inicio de competición no Campionato de España Individual de rítmica
Por Diego Torrado |
-
Exitoso peche de competición no Campionato de España de Clubs de Ximnasia Rítmica
Por Diego Torrado |
-
Pontevedra empápase do ambiente da mellor ximnasia rítmica nacional
Por Mónica Patxot |
-
O Recinto Feiral, a punto para recibir os campionatos de España de ximnasia rítmica
Por Redacción |
-
A alta participación prevista obriga a ampliar un día de competición no Nacional de Ximnasia Rítmica
Por Redacción |